Outro engano de Mariano

Publicado Política, PP, Rajoy 0

Iñaki Gabilondo comentaba hoxe en La Voz de Iñaki que existe un proverbio árabe que di: «La primera vez que se produce un engaño, la culpa es del que engaña; la segunda vez, del que se deja engañar», e o tempo está demostrando as moitas veces que nos leva enganado mariano rajoy, pero tamén que a culpa é nosa porque xa nos deixamos enganar demasiadas veces.

A última mentira a estas horas é a das pensións. Fai un ano nunha entrevista en Televisión Española, Rajoy dicía que non tiña ningún interese en tocar as pensión, pero iso era en setembro do ano pasado, este ano xa se desdixo, xa non lle preocupan tanto os pensionistas e xa vai a facer un recorte de 33000 millóns na Seguridade Social nos vindeiros nove anos, ao non vincular as pensións co IPC o que fará que se perda poder adquisitivo e polo tanto que os pensionistas cobren cada ano menos.

Rajoy e o PP coa escusa da crise vai modificando e recortando todas aquelas prestacións que benefician aos que menos recursos teñen e aos que máis as necesitan, ademais de ir empeorando a calidade dos servizos públicos. Pero a crise e a austeridade é só a desculpa, a realidade é a aplicación dunhas políticas retrógradas e liberais nas que queren eliminar todo o público para beneficio das empresas privadas. Un claro exemplo pode verse co acontecido coa sanidade pública de Madrid.

Pero no tema das pensións convén recordar que España é un dos países de Europa que menos gasto dedica a pensións, o 10,2% do PIB, fronte á media da Unión Europea do 13,5%. E se é certo que as proxeccións de futuro indican un aumento do gasto no prazo de 35-40 anos, tamén o é que España nunca supera á media da UE nesas proxeccións.

Co cal a última mentira de Rajoy demostra que o que menos lle interesa son as persoas. cantas enganos máis imos a seguir aguantando?

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.