Fala con Blas #2: a cultura é segura?

Despois da primeira convocatoria do #FalaConBlas e de ver todas as vosas preguntas (e as que quedaron no tinteiro), fixemos a segunda edición. Desta vez falamos sobre a cultura cultura, un dos sectores máis castigados durante a pandemia e que no noso Concello ten unha grande base e importancia.

En Ames temos literatura, música, patrimonio, pintura, teatro, audiovisual, … pero, todo isto é seguro? Hai futuro na cultura? Neste directo resposto a todas estas preguntas e así como aquelas que me fixéstedes en directo. Falamos de plans de futuro no sector cultural, revisamos as apostas feitas ata agora e, como non!, tamén falamos do fenómeno do ano: #TanxugueirasEurovisión.

Tamén comentaremos algunha que outra anécdota miña: como a de cando gañei un festival de cancións en Mallorca; e faremos algún que outro xogo.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.