Xuramento

Médicos del Mundo saca a campaña Derecho a curar en apoio da obxección de conciencia do persoal sanitario para que poida asistir á poboación inmigrante irregular que quede fóra do sistema sanitario a partir do próximo 1 de setembro, cando entre en vigor a reforma sanitaria.

A iniciativa tamén busca sensibilizar e mobilizar á cidadanía en apoio da profesión médica e a favor do dereito á saúde. Así, a campaña online www.derechoacurar.org tamén solicitará apoios da cidadanía á obxección sanitaria contra o decreto lei da reforma sanitaria.

A web inclúe para iso diversos materiais como unha carta modelo que calquera cidadán pode dirixir ao seu médico para solicitarlle que obxecte contra a exclusión das persoas inmigrantes. Tamén se pode subscribir unha carta dirixida á ministra de Sanidade na que se manifesta o seu rexeitamento a «a exclusión das persoas sen permiso de residencia da atención sanitaria».

Creo que é positivo de que nos sumemos a esta campaña e que defendamos os dereitos daqueles que máis o necesitan.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.