Facendo de espontáneo

O venres pasado presentamos a candidatura dos Socialistas de Ames e a min tocoume facer de espontáneo. Levaba días dándolle voltas á cabeza para conseguir que Pedro Sánchez nos mandase unha mensaxe de apoio e de ánimo para o José Miñones, o noso candidato; e, afortunadamente días antes estivo en Lugo e Santiago, así que, só foi comentarllo e adiante … sen problema.

Só poucas persoas coñeciamos a existencia deste vídeo: Isabel, Eva, Víctor e Carmela. Así que a sorpresa foi maiúscula … só había que ver a cara de Jose cando me veu no atril, xa que non estaba dentro do programa previsto.

Aquí vos deixo o vídeo da presentación e de Pedro Sánchez o cal lle mandou unha mensaxe moi emotiva ao noso candidato.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.