Descripción: Identidade realizada para o PSdeG-PSOE de Ames, que fundamentalmente consistiu en cambiar o nome e denominalo como «Socialistas de Ames» para que se vinculase máis directa e rapidamente coa ideoloxía e o partido. Incorporáronse as siluetas de persoas para que se visualizase que era un proxecto colectivo e dirixido á xente. Úsase a cor vermella corporativa do PSOE e o logotipo tradicional do PSdeG-PSOE.
Á identidade hai que engadir a elaboración de diversos produtos e materiais tales como a maquetación dun boletín en papel, tarxetas ou a elaboración dunha páxina web.
Deja un comentario