O logotipo de IGMAR Servicios Acústicos é un restyling da anterior imaxe da empresa.
A actuación que se realiza para crear o novo logotipo consiste en darlle máis visibilidade ao nome da empresa e crear un rectángulo debaixo das siglas «MAR» onde se incluirá a derivada ou sección da empresa.
Neste restyling tamén se traballa sobre o símbolo dándolle unhas formas máis redondeadas e simétricas.
A marca é a unión entre o símbolo e o logotipo, e esta foi tratada con delicadeza para conseguir un todo homoxéneo a partir de dous elementos.
Tamén se fixou unha cor corporativa definitiva e unha tipografía máis visible e característica.
Deja un comentario