Identidade corporativa, logotipo e web realizada para a candidatura á Secretaría Xeral de XSG de Chema Castrillo.

Con este logo queríase trasladar a idea que os membros de Xuventudes Socialistas son o presente do Partido Socialista, dado que sempre se di que son o futuro. Ademais xogábase ao mesmo tempo coa idea que a candidatura que encabezaba Chema Castrillo eran XSG, de aí que “somos” e “XSG” fosen na mesma cor e un texto enriba do outro para facilitar a súa lectura.

  • Feita para: Candidatura Chema Castrillo XSG
  • Ano: 2013

Deixar unha resposta