Nos últimos tempos, cada vez que vou andando pola rúa ou conducindo, dáseme por ir mirando os distintos nomes dos locais e empresas diversos que existen (si, pódese dicir que son algo «rarillo»), e podo confesarvos que hai nomes de negocios para todos os gustos.

Con este apartado, ao que decidín chamarlle Cutrename, quero achegarvos aqueles nomes de empresas nos que os seus propietarios nun exceso (ou falla) de imaxinación atrevéronse a innovar cun nome co que pensaron que lles serviría de reclamo e ao mesmo tempo definiría o seu negocio.

Tende en conta que isto é algo persoal e ao mellor hai nomes que a min me poden parecer raros e dignos de destacar e que a calquera de vós poden gustarvos. Tampouco pretendo que ninguén se enfade ou ofenda con este apartado, xa que só pretendo facer unha crítica ácida e divertida, na que se amose o «variopinto» que pode ser o mundo da empresa e a mercadotecnia.

Espero que vos guste, e tamén espero (se queredes) as vosas aportacións, xa que este é un espazo aberto no que podedes colaborar opinando e/ou enviando fotos con nomes que vos resulten curiosos.

Nomes

Peluquería Ghedellas (Mazaricos)

Zapaterías Pisa Morena (Noia-Bertamiráns)

Manda a túa aportación

[contact_form]