Fala con Blas#1

Sobre un cento de persoas participan na primeira emisión do #FalaConBlas

O 21 de decembro participei nunha iniciativa dun grupo de alumnos e alumnas da materia de Tecnopolítica e Redes Sociais do máster en Tecnoloxías de Marketing e Comunicación Política da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a interacción nas miñas redes coa cidadanía e que a veciñanza amesá poida coñecer máis a miña labor como alcalde e deputado provincial, e tamén a miña parte máis persoal.

Preto dun cento de persoas participaron no primeiro programa de FalaConBlas, un directo que se transmitiu de maneira simultánea nas plataformas Twitch e Facebook Live e no que respostei a diversas preguntas da cidadanía.

Quero agradecer ao grupo de traballo do máster, formado por Gabriel González, Paula Riveiro, Francisco Pais, Uxía Pérez e Paula García por esta iniciativa, e sobretodo por pensar en min para formar parte deste proxecto tan interesante

Ver vídeo

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.