Me llena de orgullo y satisfacción …

Publicado Persoal 1

Comezo hoxe unha nova etapa nisto no que anteriormente se chamou blog, pero que hoxe xa quedou tan desfasado que ata nin podes dicir que se chama así. Creo que esta é a terceira revisión, redeseño ou … restyling que diríamos os finos.

No ano 2006 comecei a miña andaina por este espazo virtual escribindo artigos de opinión, criticando ao PP, poñendo imaxes publicitarias e de televisión orixinais e graciosas, … o que se me ocorría en cada momento. Co paso do tempo fun deixando esa costume de escribir algo para compartir con vós e sobre o que poder rir ou comentar, debido en gran parte á aparición das redes socias as que xa me absorbían parte do tempo, pero sobre todo debido ao traballo que moitas veces non me permitía escribir de maneira habitual.

Hoxe, inauguro -a pesares que esteamos en precampaña- este novo espazo no que quixen incluír, ademais dos tradicionais artigos de opinión e demais, un apartado no que subirei algunhas das fotos que fago (os que me coñecedes xa sabedes que me gusta moito a fotografía) pero especialmente irei subindo -dentro do apartado de portfolio- algúns dos moitos traballos que levo desenvolvidos, tanto no Partido como para amigos e particulares.

As razóns polas que quixen recopilar e publicar os traballos realizados é sobre todo para que se coñeza a labor que levo desenvolvida nestes anos, porque hai individuos -e individuas- que dentro da súa negatividade e tempo libre só saben criticar e falar mal, e pensan que os que estamos deste lado da O somos uns coitadiños que non sabemos facer nada … Pero, vou a ser positivo no día da inauguración, así que:

Me llena de orgullo y satisfacción abrir esta páxina web que espero que vos guste e sobre a que espero as vosas opinións.

Moitas grazas!!!

  1. Manuel Cendán
    | Responder

    Iba sendo hora de que reinaguraras a túa páxina. Saúdos.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.