Madrid a vista de dron

Parece que os drons están de moda e que ademais teñen múltiples funcións. Se ben a primeira nova que tivemos sobre estes vehículos non tripulados foi o de empregalos para a guerra, agora destápanse como uns aparellos con funcións tan prácticas como para incendios forestais e o medio ambiente, realización de mapas e cartografía, xestión do patrimonio, seguridade e control, xestión de cultivos e outros usos agrícolas, etc.

Pero eu hoxe detéñome nunha utilidade ben distinta: a toma de imaxes para a realización de vídeos, e para iso vos presento este xenial vídeo de Madrid realizado con imaxes tomadas desde un dron. Conta un dos membros da compañía Cromática 45, que realizou o vídeo, que utilizaron o dron máis sinxelo que atoparon no mercado e que lles custou 800 euros, ao cal lle colocaron un tipo de cámara que se emprega para gravar deportes extremos e voilà! … unha xenialidade que está facendo furor nas redes sociais e sobre todo entre os madrileños.

As imaxes graváronse hai dous meses (de aí que se aprecie algo de decoración do Nadal) e dende a axencia recoñecen que gravar Madrid non é doado. «Hai moitas antenas e as hélices pódense golpear», explica Iván Puñal, director artístico de Cromática 45. O máis difícil, confesan, foi gravar o «Pirulí».

Noraboa por este vídeo e haberá que ir pensando en mercar un dron.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.