Bendita tu luz

Ultimamente só escribo para felicitar os cumpreanos, a verdade é que teño este blog bastante abandonado. Si, é certo!! Son bastante deixado!!

Este ano propúxenme o obxectivo de escribir algo máis no blog, e non só nos aniversarios, senón tamén artigos de opinión e outros temas que considere de interese. Pero, non me enrolo máis e vou aló …

Hoxe é o día no que unha das persoas máis importantes da miña vida celebra o seu aniversario, aínda que a ela non lle gusta -ao igual que a moitas mulleres- cumprir anos. Eu de Eva só podo dicir cousas boas -algunha mala tamén, pero poucas- porque desde que estamos xuntos levo vivido os mellores anos da miña vida, e esta non é unha afirmación doada de facer, porque se fago un repaso dos meus 44 anos de existencia lembro moi bos momentos e gardo gratos recordos ao lado da familia e dos amigos; pero con Eva fun capaz de atopar a paz que creo que todo home busca -e muller tamén, imaxino-, e a min facíame falta tranquilizarme e sentir que tiña alguén ao meu carón que sabía falarme, que era capaz de entenderme e de razoar comigo, de darme cariño e amor, … e sobre todo ao seu lado son feliz.

Por iso cada día que che desperto contigo dou grazas e digo como a canción de Maná:

“Bendito el reloj que nos puso puntual
ahí bendita sea tu presencia.
Bendito Dios por encontrarnos en el camino
y de quitarme esta soledad de mi destino”

E agora só me queda pedir que sigamos cumprindo moitos anos xuntos, que me sigas dando paz e tranquilidade, … e sobre todo queréndome.

Grazas por facerme feliz e … Bendita tu luz.

2 Responses

  1. Charo Valledor Puente
    | Responder

    Que bonito!! Que sexa por moitos anos.

    • Blas García
      | Responder

      Grazas Charo.

      Bicos!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.