Grazas Cefe!. A derradeira intervención no CNG

Publicado Persoal, Política, PSdeG 7

Non se me ocurre agora mesmo ningunha homenaxe mellor a Ceferino Díaz que publicar a súa derradeira intervención no Comité Nacional do PSdeG. Sen dúbida, unha intervención que non pasou desapercibida a ninguén e que foi recoñecida e aplaudida por todos e todas as presentes.

Días despois do Comité, e dada o recoñecemento da súa brillante intervención a cal era solicitada por varios compañeiros e compañeiras, falei con Pablo García para pedirlle permiso para transcribila e posteriormente co propio Cefe para unha vez transcrita facela pública.

Unha vez rematada a transcripción falei en varias ocasións con Cefe e axunteilla para que el poidese correxir algunha cousa e me dera a súa aprobación. Foi a derradeira vez que conversamos, e hoxe chega a nova do seu falecemento. Canto o sinto!! Foi unha boa persoa que supo recolleitar a amizade e o cariño de todo o Partido -dos dun lado e dos do outro- porque sempre dixo o que pensaba e sempre pensaba no mellor para o Socialismo Galego.

Foise un bo, un dos mellores e a min só me queda darlle as grazas por todo o que fixo polo socialismo e polo galeguismo e porque sei que aló onde esté seguirá pensando e loitando por nós e polo socialismo.

Intervención de Ceferino Díaz no Comité Nacional Galego

10 de novembro de 2012

Boas tardes

Sr. Presidente, compañeiros e compañeiras:

Falando de disculpas, vexo que hoxe daquí debería saír, xunto coa referencia aos que nos apoiaron, as disculpas tamén cara a eles e cara aqueles outros que nos houberan apoiado si viran en nós unha alternativa, porque todos eles perderon con nós. Non perdeu o Partido Socialista, houbo moitas persoas neste pais e moitos colectivos que perderon o día 21 e nós a eles temos que pedirlle tamén disculpas.

Compañeiros, desgraciadamente cumplíronse os peores presaxios: perdemos estrepitosamente. Evidentemente, nós, o PSdeG-PSOE, non foi visto como alternativa. A maioría da cidadanía non veu en nós unha alternativa clara ao goberno de Feijóo, a pesar de que eran eles os que estaban xestionando a crise económica e que segundo nós a estaban xestionando de maneira inxusta. Agora si, compañeiros, que non hai presa; eu non teño ningunha presa. Sin eleccións á vista temos moito tempo por diante e por iso vos pido calma, non podemos pechar como si aquí non pasase nada. Todo o contrario, é obligado un cambio profundo, eu diría moi profundo: para ilusionar á militancia e reconciliarse coa cidadanía, que nos ve hoxe, aos socialistas, máis como profesionais da política que como persoas preparadas e dispostas a servir.

Hai que construír un proxecto, levamos moito tempo sin un proxecto creible, porque amigos candidatos, que sería de nós, na campaña, se non houbese recortes en educación e en sanidade? Cal era o noso discurso?

Aceptamos, no seu momento, en maio do 2010, o dogma neoliberal, porque compañeiros, naquel momento non tiñamos alternativa ante a crise; nin a tiñamos nós, nin a tiña a socialdemocracia europea. Non a tiñamos!! Reformamos despois a Constitución porque nos mandaron e tamén, porque non tiñamos alternativa. Dous anos máis tarde seguimos sin ter alternativa nin a nivel de Estado, nin a nivel de Galicia porque a alternativa á crise, compañeiros, non é negar a crise. Non é dicir: se ganamos nós: libros, médicos, medicamentos, todo como antes. Eso non era creible. Non era creible que nin San Pachi, nin san non sei que poidese facer a miragre de volver ao 2007. Estamos no 2012 e o cidadán é consciente de que estamos en crise e que hai cousas que hai que cambiar; pero, dende a esquerda ten que facerse con outra sensibilidade, que era a nosa oferta creible. Nós imos a xestionar a crise con outra sensibilidade, tendo en conta fundamentalmente aos máis débiles, á xente que traballa e á xente que ten medo porque non ve claro o seu futuro.

Somos un partido necesario, díxose aquí, pero somos necesario se temos respostas. Somos prescindibles si só temos críticas e non propostas viables aquí e agora. Hai que ter respostas e propostas, aquí e agora. A sociedade galega necesita dun Partido Socialista, dun partido de esquerdas, dun partido galeguista e dun partido que non se defina por estar á contra, senón por un partido que achega solucións aos problemas do país, achega solucións á crise, e di como hai que xestionar mellor a crise e achega solucións a unha crise, que por certo, non é coxuntural, que vai para longo; e achega solucións tamén a problemas estructurais que ten este país.

Compañeiros, cada vez somos menos os galegos e sendo menos non podemos pesar máis. Temos un campo abandonado e envellecido, temos máis terras a monte que en produción, temos unha gandeiría que é o sector moderno da agricultura que está en fonda crise, o futuro da pesca é unha incognita, a desindustrialización de Galicia sigue sendo unha realidade e a reindustrialización un soño. Temos un índice de fracaso escolar que hipoteca o futuro non soamente os recortes. O fracaso escolar non vén dos recortes, senón que xa o había antes, e temos tamén un deterioro do medioambiente que neste país é sangrante porque o medio ambiente tiña que ser unha das riquezas sobre a que proxectar o noso futuro A estes temas haille que dar resposta e a respostas debemos dalas cunha organización ilusionada, cunha organización creible para a cidadanía; e compañeiros, con caras novas que apoien novas ideas.

Perdemos xa as autonómicas; agora as seguintes son as municipais, que están lonxe, pero amigos, para recuperar as alcaldías fai falta proxecto e en moitos casos tamén, non nos esquezamos, novas persoas. Son outros tempos e hai que entendelo así. Non vai esta crítica contra ninguén senón que todos temos que sacrificarnos polo futuro deste Partido e aí temos que sacrificar a compañeiros que hoxe estan mandando, tamén lle pido claramente dar un paso atrás a moitos compañeiros que non o fixeron mal, pero que hoxe, de cara ao futuro non son a solución. É un sacrificio, pero o sacrificio o pido non por persoas, senón polo proxecto.

Dito esto amigos, temos que ir a un congreso ordinario. E, que non se me diga que os Estatutos non o prevén. A situación é de tal calibre que ou facemos un congreso a fondo e en serio donde primeiro discutamos o proxecto, e elaboremos un proxecto para este país, que non o temos. Porque non é a suma “de los de educación, más otro de sanidad y otros más” … Eso non é un proxecto, hai que saber que queremos ou cal é a situación deste país e que queremos facer con el nos próximos 30 anos. Cal é a idea dos socialistas en todo eso e eso require traballar en serio, traballar abertos á cidadanía nese proxecto aberto e despois da Conferencia Política e de Organización. E digo despois porque a Conferencia de Organización ten que cambiar moitas cousas, porque senón este non é un Partido democrático. Non hai un congreso democrático para este Partido senón cambiamos as regras de xogo, e eso ten que ser na conferencia Política e de Organización. Só cunha nova dirección e cun proxecto creible podemos recuperar a confianza daqueles que noutros tempos foron os nosos aliados.

Amigos, temos que construír un Partido máis aberto, un Partido participativo, transparente, con primarias, listas abertas, voto individual. Un Partido que aplauda menos, que aclame menos e debata máis.

O debate é fundamental neste Partido, o modelo de Partido actual non sirve para o futuro, este modelo é un modelo que servíu para a transición, agora non sirve. Señores neste Comité Nacional temos 40 aquí (pola Executiva nacional), e 200 aí controlando (polos Delegados/as); que sentido ten esto? No Comité Nacional fai moitos anos só se interviña para criticar á executiva; agora a maioría é para aplaudir. Compañeiros no Comité Nacional non temos que facer o debate sobre o discurso do Secretario Xeral, tamén aquí hai que discutir propostas que veñan das bases porque senón, que coño pintan as bases aquí?

E eso amigos, esa é unha nova estrutura para un novo Partido e para ese Partido eu dígovos aquí, que estou escoitando: mirade, nos medios de comunicación nós temos que eleixir entre sete; sete son as opcións, sete son os teoricamente coñecidos e eu dígovos: se neste Partido non hai 500 persoas entre 30 e 60 anos, capacitados, responsables, formados, que queiran dar un paso adiante; entón, non hai Partido.

Por eso, amigos este é un proceso para construír de abaixo arriba non agardar instrucións por abaixo. E empezar a discutir, e a traballar, e a dar ánimo para que ninguén se vaia; porque, aquí hai Partido, aquí hai futuro, pero ese futuro pasa tamén por ser todos xenerosos. Mirade, ou somos todos xenerosos para deixar paso aos mellores, non aos menos malos, ou algúns desta primeira crise salvaranse, pero os demais, o Partido, morrerá de éxito buscando os culpables fóra.

Graciñas

7 Responses

  1. […] de #CeferinoDíaz ante o Comité Nacional do PSdeG (novembro 2012), por xentileza de Blas García (pincha aquí). Share this:FacebookTwitterCorreo-eImprimirMáisRedditDiggStumbleUponLike this:LikeBe the first to […]

  2. […] Non se me ocurre agora mesmo ningunha homenaxe mellor a Ceferino Díaz que publicar a súa derradeira intervención no Comité Nacional do PSdeG.  […]

  3. […] Non se me ocurre agora mesmo ningunha homenaxe mellor a Ceferino Díaz que publicar a súa derradeira intervención no Comité Nacional do PSdeG.  […]

  4. Freiman
    | Responder

    * Hai máis coma él que opinamos o mesmo, dentro e fora do PSdeG. Fan falla caras novas, novas ideas, novos proyectos. Sen ideas non…

  5. Fernando Martínez
    | Responder

    Inda que xogando co clásico estilo de Cefe ( San Pachi, etc…)
    Non é o mais brillante nin o mais afortunado da sua longánimo colecta.
    VAE ViCTIS,!
    Dura lex, set melius PSOE ex!

  6. Fernando Martínez
    | Responder

    Da sua longa colleita!
    Joder co corrector!

  7. […] seus dirixentes aplicar o principio de xenerosidade e dar un paso atrás”, en referencia ao último discurso de Ceferino Díaz no Comité Nacional Galego do pasado decembro. Leiceaga definiu este momento como o da “valentía colectiva, xa que está en crise o […]

Responder a Fernando Martínez Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.