#CampañaPSdeG

Xa é xoves 4 de outubro, e empeza a campaña electoral. Unha nova campaña que se presenta aberta. Unha campaña na que os galegos e galegas deberán de escoller entre as políticas de austeridade, recortes e eliminación de dereitos fundamentais ou entre a defensa e mantemento da educación, a sanidade e na que sexan os que máis teñen os que máis paguen. Como di Pachi Vázquez, elixir “entre o sufrimento ou o crecemento”.

Eu, xa perdín a conta das campañas nas que participei, sei que empecei no ano 2001 coa campaña de autonómicas na que se presentaba Emilio Pérez Touriño, e daquela ata aquí. As eleccións autonómicas son as que vivimos con máis intensidade na Rúa do Pino, nas que máis compañeiros e compañeiras se unen ao traballo habitual dunhas eleccións, e tamén na que máis quilómetros facemos. Esta, a verdade, terá unha singularidade que é o impacto das redes sociais, xa que nunca nunhas autonómicas tivera tanta importancia o Twitter e o Facebook como a van ter nesta.

Teño que facervos unha confesión, levo intentando escribir este post desde as doce da mañá, e son agora mesmo as cinco e cuarto da tarde e non dou avanzado debido ás chamadas para pechar diversas cousas de campaña. Pero é así, sempre unha loucura, especialmente o día antes de empezar a campaña onde hai que pechar infinidade de cousas.

Pois eso, que hoxe empezamos o camiño que desembocará na festa da democracia o vindeiro 21 de outubro e onde se desvelará quen gobernará o noso país nos próximos catro anos. Eu mentras tanto vou a dedicarme a facer un percorrido por Galicia e nos posibles ocos que a caravana electoral mo permita poder compartir con vós algunha anécdota da campaña ou putras cousas que vós consideredes de interese.

Forza e a votar!!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.