“Caca, culo, pedo, pis”

Publicado Persoal, Política 0

Ata que punto se pode inmiscuir a vida privada na pública? Un cargo público ten plena liberdade para facer o que queira na súa vida privada? Sabemos diferenciar entre a vida pública e a privada? Está claro que non, que neste santo país chamado España aínda son moitos os que teñen complexo de inquisidores e aos que lles gusta xulgar aos demais polo que fan nas súas camas, nas noites de festa, … e en xeral na súa vida privada.

Somos aínda demasiado “mojigatos” e gústanos aparentar o que non somos, é dicir finximos ser abertos e comprensivos cando a realidade amosa que eso non é así, porque a maioría da xente vive pendiente do que facemos e nós vivimos pendientes do que dirán.

Unha concelleira non pode gravar un vídeo privado masturbándose para o seu marido, porque unha parte da sociedade non o ve ben; pero un político pode derrochar millóns de euros, ou enganar aos seus electores, ou prostituirse cos bancos e os mercados, … que non pasa nada.

O caso de Olvido, a concelleira de Los Yébenes pon de manifesto que somos aínda unha sociedade que non alcanzou a maioría de idade, e que nos poñemos colorados con aquelo de “caca, culo, pedo, pis”; pero que soportamos aos chourizos e malos xestores que levan anos roubándonos e corrompéndose.

Eu defendo que a vida privada das persoas se manteña sempre ao marxe da actividade pública, sempre e cando non se cometa ningún tipo de acción delictiva; porque a ninguén lle interesa con que se deita fulanito, ou se se masturba na intimidade, ou se está separado ou se ten un fillo que …

Vai sendo hora de que maduremos e nós preocupemos do realmente grave e fagamos dimitir a quen non está capacitado para desenvolver a actividade institucional.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.