“Viva la Virgen”

Publicado PP 0

Eu non sei que pensará a virxe do Rocío das palabras de Fátima Báñez, pero eu no seu caso estaría bastante mosqueada coa ministra, porque xa bastante debe de ter que aguantar coas peticións, súplicas, rezos, plegarias e oracións habituais –seguro que enormemente incrementadas nestes tempos- como para que agora veña unha ministra de Rajoy a botarche enriba do manto a responsabilidade de sacar a España da crise.

«De la virgen un capote siempre llega», dixo Fátima Báñez. Pero hai capotes e capotes, … e miragres e miragriños, e sacar a España da crise con dirixentes como ela é case misión imposible. Non lle chegaba a este goberno con culpar a Zapatero que agora xa involucran na responsabilidade á virxe, e o propio Rajoy chega a mirar en moitas ocasións para máis arriba e pídelle axuda a Deus. Non terá cousas máis importantes –e doadas- que facer o Todopoderoso?.

Pero, a verdade é que tampouco podemos esperar moito dunha ministra de Emprego e Seguridade Social que nunca traballou nunha empresa e polo tanto nunca cotizou. É realmente esperpéntico que sexan persoas así as que nos gobernan, e por iso non é de extrañar que se encomenden a santos, virxes e demais deidades sobrenaturais, … porque con esta tropa só se me ocorre dicir: Que Deus nos colla confesados.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.