Un PSdeG máis galeguista

Publicado Persoal, PSdeG 1

Achégovos o artigo que me publicaron no Galicia Confidencial, espero que vos guste e espero ansioso os vosos comentarios.

Son da opinión que nestes momentos tan complicados polos que estamos a pasar o que necesitamos é crer en nós mesmos, e necesitamos máis política e máis ideoloxía que nos posibilite saír desta crise. Debemos irremediablemente crer e confiar plenamente nas nosas posibilidades.

Desde fai tres anos, en Galicia temos un goberno que non nos goberna nin nos gobernou nunca, e que se dedicou unicamente a recortar sin sentido e sin preocuparlle as consecuencias que esto podía traer a medio e a longo prazo, atacando as políticas sociais e as políticas propias para o desenvolvemento da nosa terra. Nin Feijóo nin o PPdeG creeron nunca en Galicia nin nos galegos e as galegas, xa que estiveron pendientes sempre dos pasos que lle marcaban desde a capital do estado.

A nosa cultura, a nosa lingua, a educación, a sanidade, o agro e o mar, a industria, etc. foron postas ao servizo do que dictaba a “Calle Génova” primeiro, e o “Palacio de la Moncloa” despois, sen respectar nunca nin a identidade propia do noso país nin as nosas necesidades. Seguro que pensades que os socialistas galegos tamén temos feito o mesmo, e teño que darvos a razón e recoñecer que en varias ocasións tamén antepuxemos o que nos fixaban desde Madrid. Pero eso non pode volver a repetirse, e ante a situación actual é o momento de que o PSdeG traballe como unha forza galeguista real e comprometida, porque ademais é necesario para esta terra.

“Galicia é algo máis que paisaxe. É moito máis que paisaxe”, dixo Ramón Piñeiro, e a realidade é esa, somos un país cunha identidade cultural propia que hai que preservar e coidar, e da que nos temos que sentir orgullosos. E o PSdeG ten que empezar a xogar un papel preponderante cunha política clara e manifesta de defensa da nosa terra e para iso temos que derivar irremediablemente cara unha esquerda galeguista. A realidade amósanos que non sempre mantivemos unha liña galeguista clara, que fixo que moitos sectores da población deixasen de confiar en nós.

É necesario que rompamos con calquera complexo que poidamos arrastra do pasado máis recente e agarrar a bandeira do galeguismo e poñernos á cabeza na loita e a defensa da nosa cultura e da nosa identidade, e para eso é necesario sacudirse a tutela de Madrid e convertirnos no Partido dos Socialistas de Galicia, un Partido con autonomía propia para defender as decisións que afecten directa ou indirectamente a Galicia. Así mesmo temos que ofrecer proxectos e propostas propias e concretas, escoitando á cidadanía en xeral e ás nosas bases en particular, para promover unha conciencia de país que poida aglutinar a todo ese sentemento galeguista e progresista que só quere axudar a construír unha Galicia para as persoas.

A bandeira, a lingua ou os símbolos do noso país non son patrimonio exclusivo de ninguén, e non podemos permitir que o sectarismo ou o extremismo enarboren bandeiras que son de todos os galegos e as galegas. Agora máis que nunca é o momento de recoller o testigo de insignes galeguistas como Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Díaz Pardo, Paz Andrade e outros moitos que loitaron por defender a Galicia e entenderon que o verdadeiro galeguismo só é aquel no que participe todo o pobo, sen exclusións.

  1. godial
    | Responder

    Foi unha magoa o Día das Letras, atoparse coa ausenza case total do aparato do PSdeG na manifestacíon a prol da lingua….Están a deixar que o nacionalismo acapare o sentimento profundamente galeguista da maioría da sociedade e o malestar co españolismo ramplón e curto de miras da dereita. Tamén nisto, as bases estamos soíñas de todo….
    A sociedade galega (os datos falan por sí sós) non é maioritariamnete nacionalista nin o foi nunca e atrévome a dicir que non o será…Pero houbo, hai e haberá un fondo sentimento galeguista que o socialismo leva deixando orfo históricamente…
    En fin….os tempos serán chegados….

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.