Máis transparencia: Axenda pública

Fai tempo que non escribía nada na miña web a cal teño bastante abandonada, pero estes días de nadal decidín darlle unha volta máis coa que cumprir dous obxectivos: por un lado darlle máis uso e máis visibilidade á web, e polo outro darlle máis transparencia á miña labor como concelleiro e facilitarlle aos e ás amesás unha posibilidade máis para poder pedir unha cita.

Eu sempre defendín a transparencia na labor pública, e por iso decido facer pública a miña axenda sen limitacións, para que toda aquela persoa que queira comprobar as xuntanzas que manteño ou o traballo que realizo o poda ver sen ningún tipo de problema; e, incluso aqueles veciños ou veciñas que queiran solicitar unha xuntanza o poidan facer a través da web.

Espero que este novo paso sexa efectivo e teña utilidade. Para poder acceder á miña axenda este é o meu enlace: Enlace axenda

2 Responses

  1. MARÍA
    | Responder

    Estimado Sr. Blas García, en relación a la crítica realizada al artículo publicado en el día de hoy por Hugo Pereira Chamorro, comentarle que no he visto apoyo alguno por su parte a ninguna de las publicaciones realizadas en fechas anteriores, defendiendo a capa y espada a su partido, sin embargo, no entiendo por qué si esta vez lo critica. Qué significa? Qué ejemplo pretende dar? Se cree perfecto?
    Reciba un cordial saludo

    • Blas García
      | Responder

      Estimado Hugo, iso de mandar un comentario cun nome falso está mal.

Responder a Blas García Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.