Presunción de culpabilidade

Publicado Política, PSdeG, Xustiza 1

Besteiro

Non escribo coa asiduidade que me gustaría, porque o tempo márchaseme voando e o pouco que me queda prefiro dedicarllo á familia ou incluso ao descanso. Pero, hoxe, quero aproveitar cinco minutiños para comentar con vós o asombro que me produce estes días, especialmente, pero que xa veño comprobando nos últimos tempos, o pouco respecto -ou ningún- que se ten da presunción de inocencia. Neste tempos nos que a política está tan devaluada e o normal é que todos os que en maior ou menor medida nos dediquemos a isto sexamos posto en entredito e ante calquera asombro de dúbida -ou non- xa sexamos culpables. Todos escoitamos iso de: «Cando está aí é porque algo leva para a casa!!» e frases similares que sempre levan ao mesmo punto …

Na maioría dos casos hai persoas que xa poñen a venda antes da ferida e xa nos definen a todos como corruptos, aínda que nunca fixéramos nada malo ou sexamos as persoas máis honradas da redonda. E, eu, que sempre me gusta poñerme dos dous lados, ata podo entender esa desconfianza porque por culpa de dez ou doce corrupto -por poñer unha cifra- acabamos pagando todo o resto e metidos no mesmo saco. Negar que os últimos anos houbo corrupción na política sería ser moi cego, porque aí están as hemerotecas e os telexornais para poñer de manifesto que se roubaron moitos cartos e que houbo moitos indesexables que confundiron o servizo público co beneficio persoal; pero, somos moitos máis os que somos honrados que os que meteron a man na caixa ou se deixaron embaucar polas malas artes dos corruptores.

E explico todo isto, porque estamos chegando a extremos nos que a presunción de inocencia desapareceu e por mor dese fervor mediático de sacar á luz casos de corrupción na política, xa non se chega nin siquera a poñer de manifesto que cando hai unha investigación e se imputa ou investiga a algunha persoa iso non quere dicir que sexa xa culpable. Non é bo para ninguén que se xulgue a alguén nos medios ou na rúa antes de que sexa un xuíz ou unha xuíza a que determine nunha senteza se o veredicto é de inocencia ou culpabilidade. Casos de políticos e políticas que resultaron inocentes hai en abundancia: Demetrio Madrid, José Blanco, López Aguilar, Paula Prado, os concelleiros e concelleiras de Santiago, etc.

Estes días, eu asisto impávido ao xuízo ao que se está a someter a Besteiro ao cal unha xuíza decidiu investigar por algunhas causas que non lle competen a el, xa que veñen de épocas políticas anteriores; e, aínda que creo que a decisión que tomou o secretario xeral do PSdeG de dimitir é a acertada, xa que a presión xornalística sobre o propio partido e sobre el mesmo aconsellaba a ter que retirarse. Pero, unha vez que Besteiro se aparte dos focos xa perde todo o interese e seguiremos asistindo ao proceder dunha xuíza que primeiro dispara e logo apunta, porque grazas á súa actuación de primeiro imputar e logo investigar logrou poñerlle fin á traxectoria política dunha persoa e poñer aos pés dos cabalos a unha organización política. Porque, ademais, non esquezamos que esta mesma xuíza xa ten varios casos abertos, algúns desde fai seis anos e aínda non foi quen de pechar ningún.

O obxectivo está cumprido. Besteiro xa foi imputado e xa dimitiu. Agora tócalle á xuíza investigar e probar que é culpable. Seguramente dentro dunhas semanas xa ninguén se acordará de Besteiro, nin da investigación, nin do caso Garañón, nin da operación Pulpo, … e o que é peor, se Besteiro resulta inocente poucos medios se farán eco da nova e o espazo que lle adiquen será infinitamente máis pequeno que o que lle dedicaron estas semanas.

Alguén se lembra xa de Juan Manuel Rey ou de Manuel Valeriano Alonso «Pichurri». Ambos son alcaldes, un de Caldas de Reis e o outro de Camariñas, e a este último arquiváronlle o caso. Quen fala deles agora? Eu aínda me lembro cando a TVG, a RG ou as axencias de comunicación mandaban xornalistas aos acto do PSdeG para preguntarlle ao secretario xeral por eles e que medidas ía a adoptar o partido posto que estaban imputados. Por sorte para eles, agora xa pasaron a mellor vida xudicial e xornalística, pero quen lle repón a súa honra? Quen «indemniza» os malos momentos pasados por eles e os seus achegados? Pero, que máis da!! Son políticos e polo tanto desde o inicio xa teñen a presunción de culpabilidade

  1. Xohán Rompe
    | Responder

    Ahí tes toda a razón do mundo. E non confundo aquelas accións cometidas no mesmo borde da legalidade, porque ademáis, sendo de leyes, ben sabes que aínda faltan moitos capítulos por rellenar no noso ordenamento xurídico. Hai accions como digo no borde da legalidade, pero quen pode e debe rodear ese asunto por unhas melloras sociais, é tamén quen é victima de xuices que aínda andan perseguindo ó Foucellas.
    Pero non podo defender ou criticar algo do que non coñezo todo o pano. E así como defendín e defendo sempre a política dos ERES en Andalucía, (a parte adicada para compensar dalgún xeito ós desheredados da terra, e ter algo que comer e unha situación mínimamente digna, NON ASI a dos «aproveitados e mangantes, que en todas oartes hai, que se levaron casi a mitade dos presupuestos dos ERE para os seus bolsillos).
    De igual xeito que nestas 6 últimas acusacións da xuíza che botan por riba as historias da Dioutación de Cacharro…. e que por iso motivaron as miñas risas e descreimento de todo iso.
    Pero cando todo se aclare… ¿Quen se vai lembrar de ti…?
    E eu, que ben sabes que non voto PSOE, sinto rabia porque todo isto te afaste de pelexar pola Xunta, e agora ó final… tamén do liderazgo do Partido. Me da moita rabia e me encabrona.
    Hai dous dias, unha rapaza se queixaba aqui de todo o que che estaba oasando, e insistía en que o estar rodeado de plebeyos e sorrintes mantecosos que so che daban parabens, moitas veces non facías caso os consellos doutra xente que te queria ben e te apreciaba.
    En fin, o feito feito está…. pero si queres ser parte da transmisión dun bo consello, é este:
    Aínda leín hoxe que agora descabezado o PSOE en Galicia, compre asiña cubrir o posto e fakaban da nosa Alcaldesa. Si a estimas, frenaa. Non é aínda o tempo. Hai moito tiburón e moito resgardado por saires o quite, e moito me temo, que a pesares da experiencia política que ela ten, non seña caapaz de desfacerse das pirañas e vampiros que asíña iban ir atrás dela.
    Bueno, vaia paaliza te acabo de dar practicamente sin coñecernos…. pero falo dende o que sinto.
    Sorte, meu.

Responder a Xohán Rompe Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.