O de hoxe non foi un día normal, foi un día especial … hoxe foi o día no que Paula cumpriu 16 anos. Eu sei que leva moito tempo esperando que chegase este día, e é normal porque os dezaseis son esa idade fronteiriza entre a infancia e a idade adulta, ou eso é o que pensas cando chegas a esa liña temporal.
Pois para Paula cruzou a fronteira hoxe, e segundo dixo: «hoxe foi o mellor día da miña vida, con diferenza». Eu sei que é a euforia do momento, a ledicia dun día cargado de regalos, risas, amigos e amigas, cariño e emocións; aínda que ela non é desas que amosa os seus sentimentos de maneira tan clara, nin da mostras de afecto abertamente, e moito menos di as cousas se non as sinte ou as cre, … por iso seguramente este 30 de marzo é un día que tardará en esquecer.
Eu levo moitos anos escribindo algo o día que cumpren anos Paula e Nerea, e este non ía a ser distinto, e espero seguir facéndoo mentres poda -e teña blog-; a diferenza é que nesta ocasión non lle vou dedicar unha canción (e iso que xa tiña dúas pensadas) e preferín esperar a que pasara o día porque que ría colgar unha foto que amosa como é Paula.
E agora póñome en plan pai orgulloso ao que se lle cae a baba e cóntovos que Paula sempre foi unha rapaza máis madura do que correspondía á súa idade, e en moitas ocasións amosou e amosa un interese por temas que ás persoas da súa idade lle preocupaban pouco ou nada, ademais de evidenciar unha inquedanza polas persoas que necesitan axuda ou atravesan por problemas. Tamén amosou desde pequena unha marcada ideoloxía socialista, aínda que iso é debido, polo menos ao principio, pola influencia paterna e materna e o entorno no que medrou. Conto todo isto para poñervos en antecedentes sobre o regalo que nos pediu a Eva e a min para o seu «cumple»: unha bandeira republicana -tamén nos pediu unha festa cos CocaColos-.
Non sei se é o máis habitual entre os e as adolescentes de 16 anos pedir que lle regalen unha bandeira republicana -imaxino que non- pero Paula si o fixo, e ademais amosouse tremendamente feliz cando desempaquetou o papel que envolvía a bandeira tricolor -que ao final le regalaron os CocaColos- e por iso esperei ata que pasara o día para poder colgar a foto de Paula coa bandeira.
Pufff!!! Menudo rollo metín, pero só pretendía que descubrísedes unha parte de Paula da que nunca falei pero da que me sinto orgulloso porque amosa uns valores que non moitos mozos e mozas posúen.
Deja un comentario