Valle de Oro, Boqueijón, Arteijo, Cotobad, … segundo a Wikipedia

Publicado Galeguismo, Persoal 1

Non saio do meu asombro. Estou abraiado despois de ler nomes como: Valle de Oro, Boqueijón, Arteijo, Cotobad, Ginzo de Limia, Junquera de Ambía ou de Espadañedo, e un largo popurrí de nomes que non usan xa nin os radicais defensores do castelán.

Este disparate e case me atrevería a denominar como provocación pode verse na Wikipedia, esa enciclopedia libre que se atopa na rede e que tanto empregamos dun tempo a esta parte. Este compendio de disparates toponímicos é un atentado contra a lexislación actual que regula de maneira oficial os nomes dos concellos e lugares de Galicia (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística). Podedes comprobalo no apartado da Wikipedia sobre os partidos xudiciais galegos, e que ademais enlaza cos nomes dos concellos.

Fai uns días tiven un amplo debate coa xornalista nada en Lugo, aínda que afincada fóra de Galicia desde fai anos, Marta Rivera de la Cruz, precisamente sobre este tema, xa que ela é unha asidua defensora de castelanismos como La Coruña, e eu só lle quería facer entender cal era a forma correcta e legal, pouco despois sumáronse á conversa varios españolistas radicais que sen ter coñecemento do que falabamos, xa que carecían de calquera vinculación co noso país, só se dedicaron a dicir parvadas e a insultar, baixo a complicidade da escritora e tertuliana.

Esto é un claro exemplo do retroceso que vimos sufrindo en Galicia en cuestións lingüísticas e de defensa do noso idioma, motivado polo escaso apoio do goberno de Feijóo, non só nas nosas terras, senón tamén no exterior; e un exemplo disto pode ser a postura da Real Academia da Lingua Española (RAE) que defende a castelanización dos topónimos dos concellos e lugares galegos, pasando desta maneira por riba da normativa do noso país. Só hai que poñer A Coruña ou Ourense no Diccionario Panhispánico de Dudas para ver que nos di o seguinte:

Nombre tradicional en lengua castellana de la provincia y ciudad de Galicia cuyo nombre en gallego es A Coruña/Ourense. Salvo en textos oficiales, donde es preceptivo usar el topónimo gallego como único nombre oficial aprobado por las Cortes españolas, en textos escritos en castellano debe emplearse el topónimo castellano.

Aclaro, que non son nacionalista, non por nada malo, senón porque non coincido con varios dos postulados que defenden; son galeguista convencido e defensor da nosa cultura e polo tanto da nosa lingua porque é un tesouro que debemos de coidar e respectar para que as vindeiras xeracións podan desfrutar e presumir de ter unha lingua propia tan rica e tan fermosa. Por iso, me ofende tremendamente que haxa organizacións, colectivos ou persoas que intenten por todos os medios desprestixiar e ir apartando pouco a pouco ao noso idioma intentando que se converta nunha lingua residual no noso país.

Chegados a este punto teño que falar de miña nai porque ela sempre falou galego, fose con quen fose, e sempre dicía: “para que vou falar en castellano se non o sei falar”, e remataba con: “o mesmo esforzo que fago eu por entendelos a eles que o fagan eles por entenderme a min” (a isto poñédelle o seseo e a gheada das Rías Baixas).

Artigo de interese:

  1. Nemigo
    | Responder

    a cousa ten delicto porque na wikipedia manteñen una actitude agresiva co idioma galego. Dicir que chegaron a poñer burradas como que A Capela se chamaba LA CAPILLA nos anos 60. Como era para deixar a un máis que pasmado alguén buscou nun boe de 1957 unha lizagón para xustificar «La Capela» (foi o máis parecido que atoparon) pero resulta que na mesma liña do boe na que poñía la capela tamén poñía Puentedeume, El Ferrol del Caudillo e un descoñecido Noda que non se sabe se podería ser Neda.

    Tamén puxeron perolas como Bueymuerto y Negrera. Agora mesmo está 100% operativo Betanzos INFIESTA y Pinoy

Responder a Nemigo Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.