A imputada

Publicado Xustiza 0

Parece que agora, tras esta segunda imputación, parece que a Infanta Cristina se decidiu a acudir a xunto o xuíz Castro para declarar. Sen tempo non é!! que se di no meu pobo. Pero a pregunta que me xurde agora é a de: porque non o fixo antes? Porque permitiu que se denigrase de tal maneira a súa imaxe, a da Casa Real e ata a tan cacarexada Marca España –todas elas me importan a min máis ben pouco-? Porque fai uns meses consentiu ela e a Casa Real que se enlamase de xeito pouco claro a xustiza española admitindo un recurso polo que lle evitaban acudir a declarar?

Está claro que tanto a Infanta, como o seu entorno familiar e os seus avogados cometeron un erro de cálculo ao non aconsellala que daquela tivese que presentarse diante dun xuíz e aclarar e contar todo o que este lle preguntase; e máis eu creo que cometeu un erro grave ao non acudir a declarar de maneira voluntaria en canto se empezou a dubidar dela, posto que se non ten nada que ocultar e todo o que fixo foi por amor e pola súa inmensa ignorancia non debeu de agacharse nunca detrás das “faldas” de seu pai, do seu apelido e do seu status e moito menos permitir tanta denigración.
Ben é certo que agora todos sabemos, grazas á súa negativa a declarar, que cos cartos desta sociedade sen ánimo de lucro, da que era propietaria a un 50 % co seu marido o Duque Empalmado –tal e como el mesmo se definía-, foise de vacacións, remodelou e amoblou o seu palacete de Barcelona, fixo cursos e ata foi a clases de baile ou de idiomas. Ao mellor se fose voluntariosa e respectuosa coa xustiza e cos seus subditos igual esa información nunca sairía á luz.

Agora, tras a decisión de non recorrer esta segunda imputación, intentan vendernos a bonomía desta muller dicindo que declara de maneira voluntaria e que polo tanto é unha boa cidadá; pero agora todos sabemos que iso non é así. Agora xa todos sabemos que a Infanta Cristina é unha chouriza e aproveitada que abusou de maneira clara e continuada da súa posición para vivir a “corpo de rei” –ou de raíña, neste caso- grazas ás estafas e mangoneos do seu marido Iñaki. Iso si, moi namorada segundo dixo un dos seus avogadas, o que ocasionou que non se decatase de nada e tivese que pechar os ollos mentres mobles caros e luxosos aparecían en Pedralbes, esquiaban en Vaqueira ou meneaba os cadrís a ritmo de salsa e bachata nas clases particulares que lle subvencionábamos todos os españois. Pobre muller!! Eche ben certo que o amor é cego, e moito máis mentres a billeteira estea chea!!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.