Sempre me chamou a atención a orixinalidade deste nome tan relacionado cos pés. Que eu teña coñecemento existen estas zapaterías en Noia e en Bertamiráns, aínda que seguramente haberá noutras localidades galegas.
Buscando en Google atópome cunha «boutique de zapatos» do mesmo nome en Vitoria que ata posúe páxina web e presenza en redes sociais. Pero o certo é que tanto en Galicia como en Euskadi non pasaron moito esforzo para poñerlle o nome, e indica que se pode ser cursi (en termos de marketing) en calquera sitio.
Por certo, nas tendas galegas teñen uns zapatos a moi bo prezo, eso si, só para mulleres (aínda que non só morenas).
Deja un comentario