Peluquería Ghedellas

Publicado Cutrename 0

Unha guedella, segundo o dicionario da RAG, é unha porción de pelo longo. Polo tanto parece un nome moi acaido para poñerlle a un salón de peiteados, non hai que pensar moito e a orixinalidade é máis ben escasa. Pero aí está!!

Pero neste salón do Pino do Val (en Mazaricos), foron aínda máis aló e pretendendo «rizar o rizo» substituíron a letra «u» por unha «h», dándolle así aínda un toque máis rural ao nome da empresa e facendo unha gheada.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.