Will Smith é un showman polifacético, que tanto interpreta un papel nunha película como Alí, ou cantan un rap en directo. Coñecidas son as súas participación no programa de Pablo Motos, el Hormiguero, nas que sabe como chegar á xente e facer uns programas de televisión inesquecibles.
Fai uns días participou, xunto co seu fillo, nun programa de televisión da BBC no que promocionaba a súa última película. E non se lle dou por facer outra cousa que resucitar aquela serie que tanto nos gustou aos da miña xeración e que se chamaba «El Príncipe de Bel-Air«. A ritmo de rap e en versión libre, acompañado do seu fillo, interpretou a famosa canción que daba inicio á serie; mentres Jazz poñía a música no plató. Pero de repente doulle entrada a Carlton, o seu primo na serie na que xuntos bailaron aquela famosa peza de Tom Jones tan popular no «Príncipe«.
Pois esta anaco de televisión protagonizado por Will Smith leva máis de 11 millóns de visitas en YouTube, en tan só catro días. Incrible!! Queda claro e demostrado a capacidade de Will Smith para o show e o espectáculo.
Deja un comentario