Paula cumpre 15 anos!! Mimadriña, como pasa o tempo !!! Fai 6 anos, aló polo 2007 escribín no meu anterior blog un artigo para celebrar o aniversario de Paula e nel dicía o seguinte:
«O nacemento de Paula significou un cambio radical …: os primeiros cueiros, os primeiros biberóns, os primeiros gases, etc.. Pero vale a pena, e o mellor que che pose pasar na vida porque as satisfaccións e as alegrías que che aportan os fillos están por encima de todo. E encima Paula é especial, é unha nena incrible –que podo dicir eu-. Ademais é tremendamente parecida a min: “igualiña, igualiña que seu pai”, di sempre a nai, …»
Pois si, Paula é moi parecida a min nos gustos, as afeccións, o carácter, etc. por iso desde o primeiro día que pensei en escribir esta dedicatoria pensei en poñer unha canción de Presuntos Implicados que sempre me gustou moito, e que interpreta maxistralmente Sole. A elección para unha data como esta era doada, sempre estaba Palabras para Paula de La Oreja de Van Gogh, 15 años do Dúo Dinámico, ou incluso De Niña a Mujer de Julio Iglesias, … pero sempre me gustou esta porque en pouco expresa moito e como di a letra:
Tengo cinco razones
para quererte,
una atada a mi espalda,
y otra a mi suerte,
y las tres que me quedan, son
tu sonrisa,
tu ternura sin falta
y otras delicias.
Eu recoñezo que teño moitas máis razóns para querer a Paula, razóns que espero -e estou seguro- que cada ano se irán incrementando. E como sei que é moi pudorosa non sigo poñendo nada máis e remato só cun: Parabéns Paula. Quérote!!
Deja un comentario