Parabéns Eva. AM

Publicado Persoal 0

Cada vez que penso en ti só me vén á cabeza unha palabra: Grazas.

Grazas por estar ao meu lado, por aguantarme, por facerme feliz, por entenderme, por rirte conmigo, por quererme, por ser a miña mellor amiga.

Grazas, grazas e mil veces grazas porque sei que non é doado convivir conmigo, pero ti eres capaz de darme a paz e a tranquilidade que necesito, e fas posible que sexa máis reflexivo e sereno. Pero sobre todo grazas por aceptarme non só a min, senón tamén a Paula e a Nerea, e por darlle cariño e respectalas, e por entendelas e escoitalas, e por axudarme a educalas cando están con nós.

Sei que a vida da moitas voltas e que un nunca sabe onde está o final nin o principio, pero eu só sei que son afortunado por terche ao meu lado; e non sería capaz de entender a miña vida sin ti.

Non sabía nun día coma o de hoxe que regalo podía facerche, e como Juanes forma parte da banda sonora da nosa vida, non se me ocorre nada mellor que dedicarche esta canción que tanto temos escoitado e que tanto me lembra a ti, porque ti eres a gota de auga dulce que rega todos os días a miña felicidade.

AM

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.