Seguiremos … loitando contra o cancro

Paula é unha nena de 12 anos que está ingresada no Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona, un centro de referencia no tratamento e investigación das enfermidades oncolóxicas infantís que aplica un modelo onde a asistencia e a investigación intégranse co obxectivo de trasladar ao paciente canto antes os avances en investigación e mellorar así o manexo global dos pacientes. Pois, Paula que ten un cancro quería amosarnos a todos que aínda que estean enfermos teñen esperanza e alegría; e, de paso aproveitar para animar así á xente a que colaboremos economicamente coa fundación do Hospital para que se poida seguir avanzando na investigación e descubrir novos tratamentos.

Paula, que colleu a idea dun vídeo feito por outros rapaces nos Estados Unidos contactou co cantante Macaco e este decidíu implicarse neste proxecto coa súa canción «Seguiremos» e participando de maneira activa no videoclip, no que tamén participan outros nenos e nenas enfermas e persoal e voluntarios do propio hospital.

Se queredes colaborar cun donativo na loita contra o cancro podedes facelo a través da web obrasocialsantjoandedeu.org

Noraboa a Paula, a Macaco e a todas as persoas que colaboraron con este proxecto; nun momento no que estamos tan necesitados de solidaridade e apoio por parte dos demais.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.