Nerea, brindo por ti

Publicado Persoal 1

Hoxe fai 10 anos que naceu Nerea, xa se está volvendo un muller e eu ata creo que está madurando algo, non moito … pero algo si.

Nerea é unha nena especial, que naceu chorando e moito e antes do que estaba previsto, porque disque non se alimentaba ben e había que obligala a nacer por prevención, pero aínda así custoulle: empezou ás nove da mañán pero non saíu ata as sete da tarde. Pero, a min non hai quen me quite da cabeza que aconteceu así porque ela o quixo. Lembro dese día que estabamos vivindo en Galicia un momento convulso e crítico, xa que coincidía co afundimento do Prestige e foi a véspera da gran manifestación en Santiago. Foi un momento histórico para o noso País e … para min tamén foi un momento que xamais esquecerei.

Nerea que tiña problemas de alimentación no feto non veu ao mundo con eses mesmos problemas, ou de telos son por exceso, sobretodo se é carne, pastas e esas cousas que tanto lle gustan aos nenos e nenas … eso si a verdura e o peixe nin velo diante; según ela probouno no comedor e non lle gustou entón xa non volve a probar nada que non se saia do seu guión alimenticio.

Pero se vos dicía que é especial e por varias razóns: porque é moi cariñosa -algo pelota, en ocasións-, e é unha nena que non ten problemas para relacionarse cos demais -excepto con Paula, súa irmá, coa que anda sempre á gresca-, ademais ten un gran corazón e eu creo -espero non enganarme- que co paso dos anos vai a ir desenvolvendo unha actitude de solidariedade e respecto cara os demais; e, ademais é superfaladora, non cala nunca e sempre ten algo que contar, os nosos amigos Gonzalo e David bautizárona como Nerea Lareta e é un apodo que está feito para ela. En definitiva, Nerea é ela, é así e hai que coñecela para poder desfrutala.

Non vos vou a enganar, non todo é perfecto … tamén ten os seus defectillos pero hoxe non é o día de contalos. Hoxe é o día de brindar por e con Nerea. E como di a canción de Macaco que lle dedico:

«Brindemos por la vida
porque la vida nos lo da.
Brindemos por la vida
porque la vida nos lo brinda.

Y es que solo depende de ti
cogerlo con las dos manos mientras exista.

Brindo por tu guiño cuando mi cuerpo andaba dolido
Brindo por ti
Por los corazones sin relleno
Por la gente todo terreno
Brindo por ti
Por los que abrazan su pasado
Pasaporte para su paso
Brindo por ti
Por los que hablan sin hablar
con miradas de complicidad
Brindo por ti.»

Grazas Nerea. Quéroche

  1. Nerea
    | Responder

    Grazas papi eu tamen che quero moito e o dia do teu cumplanos tamen brindarei por ti, un bico.

Responder a Nerea Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.