Estou farto, eu son distinto!!

Un grupo de militantes do PSOE sacan á luz este vídeo no que fan unha crítica a varias decisión do último goberno socialista, coas que se traicionou aos nosos votantes: a reforma laboral, a conxelación das pensións ou o recorte do salario dos funcionarisos. Sen dúbida que foron medidas duras e moi criticadas polo noso electorado e a nosa militancia, sobretodo se temos en conta que ata uns días antes o presidente Zapatero xunto co resto dos membros do goberno e da dirección socialista afirmaban que nunca tomaría esas medidas.

Está ben que teñamos que ser os militantes de base os que debamos pedir perdón, porque as direccións socialistas son incapaces de asumir as súas responsabilidades e sempre tentan escaparse poñendo o foco sobre outros asuntos. Algúns xa estamos fartos de que ninguén asuma nunca nada, e que nunca pase nada malo, … que todo esté ben. Non podemos seguir enganando á cidadanía nin ao noso electorado. Non custa nada asumir os erros que cometemos.

Cometemos erros e seguimos a cometelos, non aplicamos medidas contra os desafiuzamentos, non aplicamos a dación en pago, non fixemos que a igrexa pagase os seus impostos, non fixemos unha lei de memoria histórica de verdade, esquecémonos dos saharauis, etc. etc. etc. E as persoas que nos votan non entenden que cambiemos o noso discurso e as nosas ideas en función de si gobernamos ou somos oposición. Debemos ser sempre socialistas e gobernar como tales.

No Partido Socialista non todos somos iguais, afortunadamente, e somos moitos os militantes que temos que aguantar a diario que pola rúa nos sinalen e nos fagan cómplices de certas decisións que non son competencia nosa e que nin tan siquiera nos consultaron. Eu podo pedir perdón polas decisións adoptadas polas direccións socialistas, pero non volverei a ser cómplice de ningunha delas e manifestarei a miña opinión contraria cando sexa necesario. Estou farto, eu son distinto!!

  1. Freiman
    | Responder

    * Esta moo ben pero… o problema esta no que fan as bases cando elixen os dirixentes e cando logo se lles aplaude aínda que mintan. Ô PSdeG necesita rexenerarse XA, con Dimisións que tardan.,

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.