Este sábado día 17, celébrase en Boiro unha especie de “noite en branco”. Esta actividade organizado polo Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios e que denominaron “Noite Aberta Boiro” ten un dobre obxectivo: cultural e comercial; é decir, desenvolver un novo proxecto que favoreza ao comercio da localidade.
Nesta Noite Aberta ía a amosar o seu traballo o Club do Antifás, un colectivo de mozos e mozas boirenses, estudantes todos eles no IES A Cachada, que “organiza actividades reivinticativas, emprendedoras e creativas”, tal e como se definen eles; algo que continuamente lle estamos reclamando aos máis mozos e agora xa aos que non o son tanto: maior implicación.
Pois resulta, que os membros do Club do Antifás tiñan pensado realizar unha “performance” o sábado pola noite, na que a través dunha serie de proxeccións e unha representación querían lembrar o acontecido coa traxedia medioambiental ocasionada polo afundimento do Prestige. En definitiva, só intentaban amosar a través dun enfoque artístico-cultural o que nunca debemos borrar da memoria: os erros cometidos para non volver a equivocarnos; ou como di Paula García no seu Facebook: “participar facendo unha actividade informativa pero reivindicativa”
Pois resulta que estes rapaces de terceiro e cuarto da ESO non poderán desenvolver a súa actividade porque os organizadores non a atopan axeitada. Primeiro, negáronlle unha colaboura económica para poder mercar “fundas” brancas e capazos coas que poder vestirse como voluntarios; pero, unha vez que solventaron ese pequeno atranco, e ían a cubrir os gastos entre eles, os responsables municipais comunicáronlle que non a consideraban pertinente.
É triste que nos tempos que corren exista aínda a censura, pero tal e como se pode comprobar con feitos coma este, non só é real, senón que pon de manifesto que existen indivíduos que viven máis anclados no pasado que mirando cara o futuro, e que non teñen ningún tipo de escrúpulos para vetar e prohibir unha actividade que tiña como único obxectivo poñer de manifesto o dano que pode ocasionar a estupidez humana; a mesma estupidez que amosan con este acto os que pretenden calar a boca e borrar dun golpe o pasado. Hai persoas que dez anos despois da traxedia do Prestige aínda non foron capaces de superala.
Censuran una reprensentación teatral de alumnos de ESO
[…] "CRITEO-300×250", 300, 250); 1 meneos Censuran una reprensentación teatral de alumnos de ESO http://www.blasgarcia.com/?p=274 por cespon hace […]
arturo perez blanco
Blasete ti si que censuras. censuraste tanto o psoe de boiro que o desfiseches. Mira o Concello non cesurous, e masi nin tansiquera se enteraron do tema, os Borobós van botar una pelicula sobre o tema cedendolle o concello o local. Pero deso non falas. Mira indocumentado, a noite aberta organiza o ABE e colabora o Concello, se ti e varios coma ti queredes facer adoctrinamento nas aulas os comerciantes e o concello non teñen culpa.Ti si que censuraches, pero a túa vida privada.
Blas García
Estimado Arturo (si é que te chamas así) porque a covardía é o que ten, que leva ás persoas a agocharse tras un nome e uns datos falsos. A censura existíu por parte de responsables municipais, e aí están un bo grupo de rapaces e mestres para corroboralo; outra cousa é que os responsables da censura sexan tan covardes coma ti e agora non queiran dar a cara. Pero non pasa nada, xa estamos acostumados a que actuedes así.
Saúdos