Mar Barcón anunciounos non fai moito que ía a facer un «restyling» da súa web -ela prefire denominalo coma un «lifting»- e así foi, hoxe apareceu na rede cun novo dominio e cunha web máis sobria e máis moderna, adaptada aos novos tempos. Pero o deseño, aínda que é moi importante, no caso da web de Mar é algo secundario, porque o realmente importante é o que escribe. E a verdade é que vos confeso que empeza forte, moi forte.
Desde o 2007 leva Mar contándonos cousas e dándonos a súa opinión no su blog, e que volva a retomar esta actividade é un gustazo, sobretodo cando se expresa ao cento por cento das súas posibilidades.
Sorte e adiante, que xa quedamos poucos que nos dediquemos a esta rareza de ter un blog.
Podes acceder ao su blog en www.marbarcon.com.es
Deja un comentario