Máis de 7300 quilómetros percorremos Víctor e eu durante esta campaña, cruzamos Galicia de norte a sur e de este a oeste varias veces. Comparando, sería algo así como ir de Santiago ata Minsk (Bielorusia) e volver –unha tiradiña-. Foi unha campaña intensa -coma todas- na que me quedo coa lembranza dos bos momentos, das risas, dalgún que outro mosqueo temporal con Víctor, e sobretodo co momento de atoparme con compañeiros e compañeiras aos que vés de cando en vez.
Nestes 13 días, xa que dous foron de debate e non tivemos actividade, a actividade foi frenética, xa que saíamos, a maioría dos días, á mañá cedo e non voltabamos ata a noite; e ademais do “estrés” habitual tiñamos que lidiar con diversos elementos externos que no seu afán colonizador pretendían usurpar o noso espazo. Pero en liñas xerais tivemos unha campaña “digna” –como dicía un antigua xefe meu-
Venme agora á cabeza momentos coma o que seguindo as recomendacións de Google –por culpa miña- fomos a xantar a un restaurante de Viveiro no que o menú do día valía 40 euros, e acabamos comendo unha chuleta cada un, …, bueno, Víctor chegou a probar o adorno do aperitivo pensando que era para comer tamén ata que dixo: “esto non me sabe moi ben”. Ou o día que puxemos Rúa Compostela de Ferrol no GPS e nos levou a unha rúa de Narón do mesmo nome que tiña un escasos 20 metros, e que despois case non somos capacas de saí dalí. Ou as cosntantes voltas ás rotondas que acostumábamos a dar por partida dobre ou triple; en definitiva, infinidade de experiencias vividas que podo facer públicas e outras que van a permanecer agachadas na miña memoria por razóns obvias.
A campaña, a verdade, non rematou como esperabamos –ou si- pero é ben certo que de todas as experiencias vividas hai que sacar algo positivo, e eu ultimamente é algo que suelo facer con moita frecuencia, sobretodo para non cometer os mesmos erros.
No momento este dos agradecementos que tanto me gusta quero lembrarme de Víctor e Marcos por todas as horas que pasamos xuntos; de Amador, un gran profesional e un artista que dorme como ninguén no coche; de Silvia, Alberto, Dani e as tres Marías (Val, Barbeira e Rodríguez) por aguantar as miñas borderías –sobretodo María Rodríguez-; de Santos e os compañeiros de seguridade; de Alex, que gran persoa; dos Albertos, dos que só podo dicir boas cousas porque son uns grandes profesionais –e cada campaña que pasa máis conta me dou-; de Javier Carnota, porque cada campaña que pasa me dou conta de todo o traballo que ten pasado e polo gran profesional que é; de Mario Pais, porque descubrín nesta campaña que é un gran rapaz e moi traballador; dos Cocacolos, que me fixeron máis agradable os desprazamentos cos seus comentarios, e porque sen eles nada sería o mesmo; e a Eva, porque a boto de menos nas campañas e polo moito que me aguanta e me axuda; e a Paula e a Nerea por entender que hai fins de semana que non podemos estar xuntos. Pero estes agradecementos non estarían completos se non mencionase aos compañeiros e compañeiras do Partido que tanto nos axudan e que sempre nos facilitan as cousas.
Deja un comentario