Desde o pasado xoves que empezou a campaña ata o domingo Víctor e eu xa percorremos 2000 quilómetros polas estradas galegas. Ourense, Vigo, Santiago, Oleiros, Cerceda, Guitiriz, Silleda, Culleredo, Baio, Ferrol e Muros son os lugares nos que ata onte fixemos actos de campaña.
Foron catro días de intenso movemento e de contacto con moitas persoas, nas que o candidato á presidenciada da Xunta, Pachi Vázquez, ata se atreveu a darlle uns toques a un balón de fútbol ou tirar unhas canastas.
As campañas electorais son así: viaxes, “estrés”, mosqueos, nervios, fame, decepcións, … pero tamén risas e bos momentos. Hai días nos que a necesidade che fai improvisar, como o pasado sábado que ante a urxencia de imprimir uns documentos e a falta de impresora tiven que pedir o favor nunha farmacia para que mos imprimiran.
Agora temos dous días de “relativa tranquilidade” xa que ao haber dous debates non temos saídas a acto cos candidato, pero o mércores volvemos á estrada para seguir facendo quilómetrose máis quilómetros.
Esto de andar na estrada lémbrame moito a aquelas campañas nas que éramos tres no coche, agora fáltanos unha parte importante daquel equipo, un miembro que por circunstacias tomou outro camiño profesional no que espero e desexo que lle vaia estupendamente (AM).
Pois nada máis meus amigos e amigas, xa vos irei contando, dentro das miñas posibilidades temporais algunha cousiña máis sobre a campaña do PSdeG
Deja un comentario