Pois si, hoxe estou bastante decepcionado e moi enoxado co meu Partido. Resulta que unha vez máis se nos vai a quitar aos militantes o noso dereito de elixir ao candidato ou candidata a unha eleccións, e eso que presumimos de ser o Partido da democracia interna, o primeiro partido que impuxo as primarias nos seus estatutos e no que votaron todos os militantes para poder elixir a un candidato a unhas eleccións xerais e posteriormente a eleccións municipais.
Pois si, resulta que se nos enche a boca falando de primarias, de dar a voz aos militantes e ás bases e dicindo que os demais partidos deben de coller exemplo. Pero eso non é así, desgraciadamente non é así. Estou farto que nos comparemos ao PP e que os dirixentes do meu Partido digan coa boca chea que nós celebramos congresos e eliximos aos nosos representantes democráticamente e que o PP designaos a dedo, pero é que eso non é ningún mérito eso é unha obriga porque somos o Partido Socialista Obrero Español.
Estou canso de que se xogue con nós –os militantes- e que desde arriba decidan o que é bo e o que é malo sen consultarnos, como se fósemos nenos pequenos que non somos capaces de diferenciar o que queremos. Eu quero decidir, quero votar, quero participar, … estou cheo de que nunca sexa o momento ou de que agora non toca.
En Galicia íamos a ter primarias e os militantes poderíamos decidir o candidato ou candidata que queríamos que nos representase nas eleccións autonómicas, pero o adianto de Feijóo implica que xa non podemos celebrar as primarias porque as datas marcadas non son compatibles coas datas electorais. E eu pregúntome: acaso non existía a probalidade de que Feijóo adiantase? Cantas veces lle pedíu a dirección do PSdeG a Feijóo que adiantase? Entón, porque o PSdeG e o PSOE non fixaron para antes o calendario das primarias? Perfectamente se pudieron convocar as primarias para os días seguintes ao Comité Nacional do mes de xullo e celebralas entre finais de xullo e primeiros de agosto, pero a verdade é que parece que non interesaban.
Queda claro de que o PSOE e o PSdeG necesitan un cambio na súa estrutura e organización interna, necesitan adaptarse aos novos tempos e ás inquedanzas e necesidades que reclama a sociedade e que reclamamos os militantes e simpatizantes. Un partido moderno non pode estar oito meses inmerso nun proceso orgánico e debe de fixar métodos e maneiras para poder escoitar o que pensa a cidadanía, débelle de dar máis participación ás bases; as direccións deben de deixarse de mirar máis o embigo e saír desa barbulla na que viven para pisar máis a rúa, falar máis coa xente e sobretodo aprender a escoitar.
Os militantes queremos votar e queremos ser nós directamente os que elixamos ao noso/a Secretario/a Xeral e aos nosos/as candidatos/as, é un clamor que a dirección do Partido aínda non quixo nin quere oír.
Ao final non celebraremos as primarias e elixirase o candidato grazas a un artificio estatutario que se inventará o aparato, e seguramente acabará sendo o candidato de todos pero que non esqueza que non foi votado polos militantes, que foi elixido pola dirección. Será un “lo que pudo haber sido y no fue”
Deja un comentario