Como non todo vai ser política, malas novas, crise e pesimismo hoxe deixovos unha recomendación musical.
Esta canción, aínda que é certo que ten unha letra un pouco ñoña, é moi fresca e moi acorde para estes tempos xa que a min dame ánimos e ponme de bo humor. O seu título, «Pan y mantequilla» xa da certas pistas sobre a posible ñoñería que se vai ratificando ao longo da canción, pero posúe un ritmillo que vos vai facer mover os pés e darvos forza.
Efecto Pasillo é o grupo que compuxo e canta este tema, está formado por catro rapaces canarios que empezaron alá polo ano 2007. Eu teño que confesarvos que nunca escoitara falar deles pero a primeira vez que escoitei a súa canción, durante unha emisión de Carrusel Deportivo, fixo que a buscase en internet.
Espero que vos guste e que vos anime.
Deja un comentario