Saír á rúa

Publicado Persoal, Rajoy 0

Ao PP hai que recoñecerlle unha habilidade especial para centrar a comunicación en temas con pouca ou escasa relevancia, mentras os temas realmente importantes e preocupantes para a cidadanía española pasan a un segundo ou terceiro plano.

Nesta ocasión conseguírono dándolle un especial protagonismo a Sánchez Gordillo e á acción desenvolvida polo sindicato SAT en dous supermercados andaluces. Este acción reivindicativa non pasaría máis alá de ser unha nova dentro da sección de sucesos ou breve nun Telediario, pero esa capacidade que teñen os estrategas da comunicación do PP e do goberno conseguiron facer famoso a Sánchez Gordillo e que o Sindicato Andaluz de Traballadores se dese a coñecer en toda España, así coma de paso criminalizar a Izquierda Unida e meter no mesmo saco ao PSOE andaluz e a Griñán por gobernar con eses individuos que asaltan supermercados.

A quen lle importa estes días a prima de risco, ou que un tal Draghi –Presidente do Banco Central Europeo- manifeste que hai que reducir aínda máis os salarios e a protección laboral, ou que Rajoy e o seu goberno estén disfrutando de vacacións mentras milleiros de persoas en paro descoñecen se volverán a cobrar os míseros 426 euros. O realmente grave e preocupante é que un tal Sánchez Gordillo e uns sindicalistas asaltaron dous supermercados para sacar produtos de primeira necesidade e donalos a asociacións que atenden a persoas que atravesan dificultades.

A min, Sánchez Gordillo sempre me pareceu un tanto “friqui” e a verdade que hai moitas cousas e actuacións súas coas que non comulgo, pero neste caso concreto teño que dicir que a acción desenvolvida polo sindicato SAT e na que participou o parlamentario de IU paréceme un feito reividincativo de tremendo valor e que teño que aplaudir. Realmente eu creo que este país necesita máis accións reivindicativas como esta, e tamén creo que xa vai sendo hora de que os principias sindicatos se poñan á cabeza para poñer de manifesto a verdadeira realidade pola que estamos pasando en España. Resulta que milleiros de parados de longa duración descoñecen se van a continuar cobrando os pouco máis de 400 euros de prestación, e nin a UGT nin CC.OO nin a maioría de sindicatos abren a boca ou realizan ningún tipo de actividade reivindicativa ou de protesta. O único é anunciar que imos a ter un outono quente … pero nada máis.

Creo que xa está ben, que é o momento de saltar á rúa para loitar contra o abuso que se está a cometer con nós, cos cidadáns e as cidadás sobre os que está recaendo todo o peso da crise mentras os políticos e os sindicalistas están disfrutando das súas vacacións. Eu apoio a Sánchez Gordillo e apoio ao SAT e defendo que se loite contra a especulación das grandes empresas, e que se combatan as diferencias existentes entre clases, cada vez máis palpables.

Podemos seguir falando e debatindo sobre a ocupación dunha finca militar por xornaleiros e sindicalistas andaluces ou de si é correcto levarse produtos de primeira necesidade dun supermercado para darllelo aos pobres, ou podemos falar de defender os nosos dereitos, eso si sen usar a violencia. Eu creo que en momentos como este necesitamos máis políticos que abandonen os seus despachos e que pisen a rúa acompañando, dirixindo e apoiando ao pobo.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.