Unha desgracia!

Publicado Persoal, Política 0

E o paro segue medrando. Que desgracia! 5.693.100 persoas teñen que pasar polas oficinas do INEM e atravesar esa dura situación de quedarse sen emprego. Pero de todos os datos e cifras que se dan hoxe eu quero quedarme con dúas que me producen especiais escalofríos:

  • 1.737.600, que é o número de fogares con todos os seus membros en paro.
  • 53,2%, a porcentaxe de paro xuvenil.

Estes datos son demoledores e indican claramente a situación real de España, un país no que cada día nos achegamos máis a índices de pobreza e onde os mozos e mozas teñen que emigrar para poder atopar traballo ou quedarse aquí en condicións de esclavitude laboral.

Pero este é un país de contradiccións e de extremos, porque mentres estes datos tristes e preocupantes xa se convertiron en habituais podemos comprobar como, por exemplo:

  • O noso presidente está ausente, desaparecido, fuxido, … e non da a cara para explicar que ten pensado facer para sacar aos españois desta triste realidade.
  • Por outra banda, tamén podemos comprobar como os Ratos, os Gayosos, os Fernández Ordoñez, as Salgados, etc. escurren o bulto no Congreso e con actitudes prepotentes e chulescas din que eles non son responsables de nada, que a culpa é dos outros; pero a crise temos que pagala o pobo, mentras eles cobran indemnizacións millonarias ou atopan traballo en empresas privadas que antes puideron beneficiar.
  • Pero, hoxe empezan as olimpiadas e xa nos van a ter anestesiados e pegados ao televisor tendo como única preocupación se gañamos algunha medalla de ouro, ou se a “rojilla” chega á final, ou se o chándal olímpico é máis feo ca o de Ucrania. Eso é o verdadeiramente preocupante agora mesmo.

En definitiva, que o paro segue medrando e cada vez son máis as familias e os mozos e mozas que están en situación precaria, pero a única solución que amosa ter o Goberno de Rajoy e do PP é máis recortes, máis austeridade, máis miseria, … Unha desgracia!

Mentras a ningún político se lle ocurra cambiar o sistema produtivo de España e pasar de ser un país dependente do sector servizos ou da construción, para pasar a ser un país industrializado e que aposte pola educación e o I+D+i seguiremos anclados na miseria e na dependencia social do estado.

Mentras ningún gobernante aposte e teña a valentía de reducir a administración e se atreva a afrontar unha verdadeira supresión de institucións e organismos inútiles e carentes agora mesmo de sentido: Deputacións, entes autónomos, Subdelegacións do Goberno, oficinas autonómicas no exterior, etc. así como empezar a falar da fusión de municipios e de compartir servizos; a crise seguirémola pagando sempre os mesmo … os que a estamos pagando agora.

O dito, que todo é unha desgracia porque nos tocou sufrir a uns dirixentes políticos que non están a altura das circunstancias.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.