Á rúa

Publicado Persoal, PP, Rajoy 0

Este é un deses días nos que tes que saír á rúa, porque quedarse na casa significa non defender os teus dereitos e polo tanto ser cómplice das políticas de recortes de Mariano Rajoy e do Partido Popular.

Os máis humildes e as clases medias estamos sufrindo un ataque durísimo e sen compración posible en toda a historia da democracia, e este goberno só sabe facernos pagar aos mesmo a factura da crise. Mentras comprobamos como os bancos e caixas reciben inxeccións multimillonarias de euros, e a igrexa segue sen pagar os seus impostos, as grandes fortunas non aportan nada e continuan sendo cada día máis e máis ricos, ou algúns estafadores e blanqueadores de cartos contan cunha amnistía fiscal. Somos as familias, os autónomos, os dependentes, os parados ou os xubilados aos que se lle suben os impostos, se lles reducen as prestacións sociais, se lle baixa o salario, se lle suprime a paga extra, … todo coa excusa de que temos que arrimar o ombreiro para saír desta situación; aínda que desgraciadamente aquí só o arrimamos os mesmos de sempre.

Este é o día no que hai que protestar, manifestarse e loitar por defender os nosos dereitos, estar na rúa dicíndolle a Rajoy e ao goberno do Partido Popular que NON, que xa está ben, que outra política é posible para saír da crise.

En Galicia hai 10 manifestacións ás que poderedes asistir, estes son os sitios:

A Coruña ás 20.00. Praza Palloza – Obelisco.
Arousa ás 21.00. Casa do Mar – Praza de Galicia
Ferrol ás 20.30. Inferniño – Plaza de Armas.
Santiago ás 20.00. Alameda – Plaza Praterias.
Costa Lucense ás 20.30. Pza. Mariña – Deleg. Confederación de Empresarios.
Lugo ás 20.00. Casa sindical – Subdelegación do Goberno.
Ourense ás 20.00 Pavillón de Deportes Remedios – Subdelegación do Gobeerno.
Pontevedra ás 20.30. Praza Ferrería- Subdelegación do Goberno.
Valdeorras ás 20.00. Hospital Comarcal – Praza José Otero
Vigo ás 20.30. Cruce de Vía Norte con Urzaiz- Ed. Xunta Concepción Arenal.

Non tes razón para quedar na casa. fagamos que este día sexa histórico

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.