En seis meses o PP e o goberno de Mariano Rajoy non fixeron outra cousa máis que mentirnos e enganarnos. A suba do IVE, a intervención de Europa, a liña de crédito, o IRPF, as pensións, o medicamentazo, o sistema de benestar, etc. etc. Todo forn constantes mentiras e incumplimentos dun programa electoral que os populares se pasaron polo forro para aproveitándose da situación política aplicar medidas máis ideolóxicas que económicas.
A realidade é que día tras día se dedicaron a afundir a España e a arruinar aos españois, mentras rescataban aos bancos e beneficiaban aos grandes empresarios. Este é o goberno de Mariano!!
Este vídeo amosa en pouco máis de tres minutos as constantes mentiras e contradiccións ás que nos someteron os membros do goberno e do Partido Popular. Grazas aos membros de Las Malas Lenguas polo seu magnífico traballo.
Deja un comentario