Fai catro meses que se celebrou o 38 Congreso Federal do PSOE no que resultou elixido Secretario Xeral Alfredo Pérez Rubalcaba. Eu dese congreso gardo o recordo dos quince minutos do discurso de Carme co que conseguiu emocionarme e as catro horas posteriores de incerteza polo resultado da votación, pero sobretodo de espera e ilusión.
Non sei que pasaría nin como estariamos agora se a Secretaria Xeral fose Carme Chacón, pero ninguén pode quitarme as miñas catro horas de ilusión (frase de Eva Tomé); por eso, agora que estou atravesando unha crise de confianza na dirección socialista -nunca na ideoloxía- quero lembrar este momento e pensar como podería ser un futuro baixo a dirección de Carme Chacón.
Deja un comentario