Querida Sara, desde o pasado luns estás a sufrir un ataque constante nas redes sociais, especialmente en Twitter, no que centos de persoas que non che coñecen de nada fan bromas e escarnio sobre ti. Eu teño que dicirche, que todo eso me parece un feito machista orixinado fundamentalmente pola envexa que desde fai moito tempo estás xerando.
Está claro que neste país ser unha muller xoven e guapa –moi guapa-, famosa e cun bo traballo, e que, aínda por riba, ten un mozo que é unha estrela do fútbol non axuda para ser respectada. Xa no pasado mundial, mentras exercías o teu traballo como xornalista fostes atacada de maneira cruel por moitos dos teus compatriotas e ata chegastes a ser portada dalgún tabloide británico, porque che culpaban de que a selección española de fútbol perdese o seu primeiro partido.
É triste ver como amparados nese machismo casposo e retrógrado se atreven a facer chistes e a xulgarche aqueles e aquelas que só desexarían estar no teu sitio ou poder disfrutar da túa situación persoal e laboral, e por iso se atreven a mofarse os expertos tuiteiros e tuiteiras. Porque non fan o mesmo con compañeiros teus como Juanma Castaño, Manu Carreño ou Paco González, aos que en ocasións tamén meten a pata?
Eu, a título persoal quero apuntar, que como profesional da información que eres non me pareces das mellores, pero teño que recoñecer que abristes un camiño importante e fostes unha pioneira no mundo da información deportiva, xa que antes era un coto pechado aos homes e agora, afortunadamente, son moitas as mulleres que se están incorporando. Por eso che quero dar as grazas, e tamén por saber ser unha profesional e aguantar todos os ataques que estás sufrindo desde que chegastes a esta profesión, ataques que se viron incrementados desde o día que se fixo pública a túa relación con Casillas.
Gracias Sara, este país é así; desgraciadamente somos un país de machistas e envidiosos que só sabemos criticar aos que triunfan.
Deja un comentario