Como vender unha casa …

Publicado Publicidade 0

É ben certo que en tempos de crise agudízase o inxenio, e está claro que o músico Abrahan Sevilla é un innovador á hora de intentar vender a súa casa.

Colleu a música dunha canción dun amigo e púxolle letra para promocionar a vivenda. «Subimos los escalones, son 14 y eso no es nada», «en el recibidor hay un armario, aprovechando el hueco de escalera» o «en el cheslong te echas unas siestas que te cagas» son algunhas das frases da súa canción que está sendo un éxito en internet. Parece ser que desde fai uns poucos días que colgou o vídeo en YouTube xa o chamaron varios posibles compradores, pero ademais xa foron moitas as televisións, emisoras de radio e medios de comunicación diversos que se interesaron pola súa peculiar maneira de promocionar a vivenda.

Espero que teña sorte e consiga o seu obxectivo, pero avísovos e estade preparados porque o aluvión de vídeos musicais que se nos ven enriba vai ser de órdago. Tempo ao tempo!!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.