Escoitando a radio no coche houbo un dato que me sobrecolleu de especial maneira. Resulta que en Cataluña o 4,4% dos nenos e nenas están malnutridos e a maioría desta porcentaxe vai para a cama sin cear e van ao colexo sen almorzar. (Estudio feito por Fedaia, Federación de Entidades de Atención e Educación á Infancia e a Adolescencia).
Este dato é demoledor e debería facernos reflexionar a todos ante a situación pola que estamos a atravesar. Cataluña, ata non fai moito tempo, exemplo de modernidade, avance e riqueza ve agora como máis de 225.000 familias carecen de ningún tipo de ingreso, o que orixina que os máis débiles, os nenos, sexan os que teñan que sufrir unha situación tan delicada. Que culpa teñen eles?
Pero, nunha situación así tamén me poño do lado dos pais, e imaxino o mal que se deben de sentir por non poder darlle aos seus fillos o que necesitan; e, o sentimento de frustración e de tristura pola que deben estar pasando non é recomendable para ninguén. Pero todo esto aos gobernos, tanto autonómicos como estatal, dalle exactamente o mesmo; eles seguen no seu afán de recortar sen sentido e prefiren suprimir partidas adicadas ao benestar social ou á promoción do emprego antes que cobrarlle o IBI á Igrexa Católica, ou salvar a bancos e caixas afundidas por eles mesmos. A actual casta política que nos goberna amosa un descoñecemento total da realidade e viven nunha burbulla.
Menos mal que aínda quedan asociacións e colectivos que se preocupan de maneira altruísta desta triste realidade. Lémbrome agora dunha nova que saiu no Nadal nos medios de comunicación, e que falaban dun comedor social en Vigo que aos fins de semana “disfrazábase” de restaurante e servía comidas quentes, para que as familias sen recursos pudiesen acudir a xantar e os nenos se sentasen a gusto. Vida Digna, una ONG creada en 2005, era a que tivo esta idea, porque aos fins de semana os comedores sociais pechan e só se repartían bocadillos entre os máis necesitados.
A realidade está sendo moi cruel, e eu creo que o máis duro aínda está por cegar, e desgraciadamente somos os cidadáns da rúa e, como se pode ver, os nosos fillos os que estamos pagando esta crise por culpa duns dirixentes –políticos e económicos- que nos levaron ata esta situación. Que me diga alguén como lle explico eu aos meus fillos, que se non poden comer, a culpa é dos mercados.
Deja un comentario