Un espolio consentido

Publicado Persoal 1

Empezo con este artigo unha colaboración co xornal dixital Galicia Confidencial, que espero que sexa longa e fructífera. Espero que vos guste o artigo de opinión:

José Luis Méndez, 16,5 millones de euros; José Luis Pego, 10,8 millóns; Óscar Rodríguez Estrada, 7 millóns; Gregorio Gorriarán, 7,5 millóns; Javier García Paredes, 10 millóns. Estas son algunhas das aldraxantes indemnizacións que cobraron os exdirectivos de CaixaGalicia e CaixaNova por … porque?

Pois basicamente por espoliar o patrimonio de Galicia e por aproveitarse do aforro de moitos anos dos galegos e das galegas, pero non pasa nada; aquí nunca pasa nada. Todos nos asustamos e nos alporizamos porque os “novos ladróns de guante branco” marchen para as súas casas cos petos cheos de cartos que pagamos entre todos, e mentras eles disfrutan de retiros dourados nós temos, pola súa culpa e pola súa nefasta xestión, que pagar máis polos medicamentos, polos estudos dos nosos fillos, por viaxar en coche, polo noso traballo, etc. E eu pregúntome, esta é a democracia que realmente queremos? O pobo merece despois de tantos anos de esforzo e traballo que nos espolien dese xeito?

Pero o peor é que aqueles que teñen o deber de defender os nosos intereses son cómplices, alomenos por omisión, destes ladróns aos que autorizaron a roubar. Galicia quedou sen as súas caixas porque a Xunta de Galicia mirou para outro lado mentras os codiciosos xestores de CaixaGalicia e de CaixaNova se afanaban en especular cos aforros do noso País; e, os políticos que formaban parte dos consellos de administración das caixas estaban preocupados en como gastar as dietas que cobraban por levantar a man e en conseguir algunha prebenda.

Pero desgraciadamente, esto non só pasou en Galicia senón que é unha fotocopia do que pasou ao longo de todo o estado. E as consecuencias as estamos pagando agora os que menos culpa temos da lamentable xestión e do roubo masivo cometido por uns individuos que gozan de toda impunidade xudicial.

E eu, xa para rematar, e vendo a actualidade sigo a facerme preguntas: Ata cando vamos a consentir todo esto? Cando van a empezar a ser xulgados os causantes de semellante estafa ao pobo? Espero que algún día fagamos o que temos que facer. Defender os nosos dereitos.

Artigo en Galicia Confidencial

  1. Freiman
    | Responder

    * Consentido polo Gobernador do BdE, consentido polo Parlamento Galego é a Xunta, tanto do Bipartito coma do PP e polos Concelleiros das Caixas que ou ben miraban pra outro lado ou fixeron que no se enteraban. O certo é que hai dou personaxes que siguen pola rúa: José Luis Méndez, Director Xeral de Caixa Galicia, e Julio Fernández Gayoso, Presidente de CaixaNova, que quere morrer cas botas postas pero cos bolsillos ben cheos a conta de todolos galegos. Debería estar xa, con outros, na cadea.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.