Pode ser un erro intentar sacar partido da victoria de Hollande. Francia non é España, nin tampouco Galicia
Sería bo non esquecerse de Grecia, está claro que sempre é máis doado de estar do lado dos gañadores, pero: cando vexas as barbas cortar …
Estes foron algún dos tuits que puxen despois de coñecerse os resultados das eleccións en Francia e en Grecia, e aos que me respostaron algúns compañeiros de Partido facendo ver que era un “augafestas”. E eu sinxelamente pretendía e pretendo amosar a realidade.
Estas semanas todos os socialistas eran de Hollande, moitos –a maioría- ata que se celebraron as primarias en Francia, nin o coñecían; pero de repente e ante a posible victoria todos nos volvemos uns afrancesados desexosos de que conquistase o Eliseo. E está ben, Europa necesita unha inxección de socialismo para combatir as recetas de austeridade ofrecidas pola Merkel e o resto de países gobernados pola dereita capitalista.
Aínda que en ocasións eu dubido se é unicamente por esa razón, ou detrás tamén está ese «hooliganismo» que nos inunda ou incluso que desilusionados como estamos con tantas derrotas en España, xa nos vale calquera victoria da esquerda.
Pero realmente o que me molesta enormemente é cando os membros das distintas direccións do noso Partido, sexa cal sexa o territorio, intentan achegar a ascua á súa sardiña e a lectura que sacan é que a dereita está en decadencia e que se está a producir un cambio que nos levará a vencer alá onde estemos na oposición. Esa é realmente a análise que quitan as élites do noso Partido? Están seguros de que a victoria de Hollande é síntomatica de que podemos gobernar en España ou en Galicia? Eu creo que non, e sinto ser un “augafestas”.
Porque ninguén se lembra de Grecia, onde tamén hai eleccións e o PASOK (Partido Socialista grego) colleitou a derrota máis estrepitosa da súa historia despois de gañar fai algo máis de dous anos -outubro de 2012- as xerais. Pero dos pobres gregos ninguén fala nas entrevistas de radio nin de televisión, nin ninguén se sinte identificado. Xa o dicía John Kennedy: “A victoria ten un centenar de pais, pero a derrota é orfa”.
Eu o único que quero amosar é que os dirixentes socialistas deben de ser serios e coherentes nas análises e non intentar camuflar a realidade para sacar ventaxa, coa que nada consiguen máis que enganarse a eles mesmos e aos afiliados e votantes, pode resultar que estes non son tan tontos como pensan e tamén sexan uns “augafestas”
godial
Está ben alegrarse como socialistas do triunfo de Hollande, pero de ahí a convocar unha rolda de prensa na noite elctoral ou extrapolar os datos a Galicia…Últimamente en Ferraz dáselles por celebralo todo. Pero que non esquezan E. Valenciano e Rubalcaba como chegou Hollande a ser candidato: primarias abertas e sen derrotas históricas ás costas.
Mar Barcón
Eu penso que son dous casos un pouco distintos e dende logo, a relevancia que ten para Europa a Presidencia dun socialista francés non a tén o resultado das eleccións grecas -como non a tñene as eleccións en Dinamarca en Holanda ou en Austria- . Cuestión de poderío económico e demográfico.
É unha ledicia para todos os socialistas europeos o triunfo de Hollande e ogallá poida levar a cabo o seu programa que, por certo, era ben ambicioso. E non deixa de ser un desexo, sin máis percorrido que teñamos algun día -máis cedo que tarde- o mesmo. En calquera caso:
1) Como dí Gonzalo Hollande chegou tras dunhas Primarias abertas nas que participou a cidadanía. por certo, nesa mesma convocatoria, a nivel interno tiña máis respaldo a Primeira Secretaria, Martine Aubry. Por unha vez (ou non?), os cidadáns tiñan mellor percepción da realidade.
2) Hollande é un tipo «normal», que di cousas normais. Esa manía que temos dende fai algun tempo de que gaña quen pon en marcha titulares máis chamativos é unha parvada. É normal, pouco agraciado e alcalde dunha vila pequena. Pero dende onte é Monsieur le President.
3) Estou moi sorprendida das lecturas que se fan dos resultados grecos. Iso de insistir en que entrou na Cámara «a esquerda radical» é, coma decía hoxe Antón losada na SER, unha parvada. A formación de esquerdas é similiar a IU, ou ao Frente d eEsquerdas de Francia que apostou tamén por Hollande. En realidade, en Grecia, ademáis, nesta formación hai moita xente procedente do PASOK, así qeu de radicais nada. E a presenza da extrema dereita nin a metade da presenza que ten en Holanda ou en Austria, por poñer dous exemplos.
4) O que semella ter cambiado para moito tempo é a cultura greca política que nonera só d ebipartidisimo senon enrraizada na tradición oriental de «familias»: Venizelos, Papandreu ou karamandis. Da a impresión de que iso rematou.
E non.. non eres un augafestas. Un pouco roncha si.. pero augafestas non.
Blas García
Antes de nada quero deixar claro que me alegro moitísimo da vistoria de Hollande e do PSF.
Mar, coincido na maioría do teu comentario e desexo que Hollande poida desenvolver o seu programa electoral porque eso sería bo e positivo para toda Europa; e serviría para poñer de manifesto que existe outra forma de facer política que non só se basea nos recortes; e seriviría, tamén, para a reactivación do Partido Socialista en Europa, o cal permaneceu desaparecido en toda esta crise.
Eu, só quero poñer de manifesto que en España temos que fixarnos máis no acontecido en Grecia que en Francia, porque nós estivemos no goberno ata o mes de outubro e non estamos libres de que pase en España o mesmo: un Parlamento atomizado, unha caída brutal do PSOE, etc. Ti cres que a xente nos vé como un Partido preparado outra vez para o goberno?
E con Gonzalo, como pasa habitualmente, coincido totalmente. Non debemos de ter medo a que opinen e falen os afiliados e afiliadadas do PSOE. Un militante, un voto.
Pero para eso hai que crer nos militantes, e a actual dirección non leva trazas de querer que falemos en liberdade.
godial
Coincido con Mar en que a relevancia das Presidenciais francesas supera con creces á das lexislativas gregas.
E se Hollande cumpre o seu programa pode neutralizar a tendencia crecente da extrema dereita. Contra as derivas populistas-fascistas, políticas socialistas. Estaría ben saber a porcentaxe de ex-votantes socialistas que votaron a Le Pen en Francia ou aos de Amanecer Dorado en Grecia. Ou en España a UPyD…
En canto ao efecto da victoria do PSF nas espectativas do PSOE penso que en ningún votante inflúe un resultado electoral doutro país na súa opción de voto. O que demostra é que os cidadáns deron a espalda ao socialismo pero desexando volver a dar o apoio en canto se lles oferta un programa de esquerdas e un candidato lexitimado polos militantes e os simpatizantes. Lonxe estamos hoxe no PSOE dese programa e dese candidato/a.
E se a alguén lle pode beneficiar electoralmente un Presidente socialista en Francia penso que é a Rajoy, que podería afrouxar o cinturón dos recortes se Hollande mete en cintura a Merkel, aínda que sexa un pouquiño…