Eu quixen ser xornalista

Publicado Persoal 1

Desde sempre interesou a profesión de xornalista. Sempre me gustou escribir, investigar e defender a verdade; por iso, durante o COU tíñao claro, de maior quería ser xornalista.

O problema veu cando ao dar os primeiros pasos me atopei con que en Santiago non había facultade, e para facer esta carreira tería que “emigrar”. Coa miña familia valorei a posibilidade de marcharme a Madrid, xa que alí tiña uns tíos, pero ao final decidín rachar coa miña ilusión e quedarme en Santiago.

Pasados os a nos e vendo na situación na que se atopa actualmente a profesión non sei se tomei a decisión acertada: 6.200 parados nos últimos catro anos, e 1.309 no primeiro trimestre deste ano (datos da FAPE); e os ERE´s seguen acometéndose. A isto hai que sumarlle a precarización do traballo e os baixos salarios, xunto coa persecución e o acoso que diariamente sofren os e as profesionais da información, acoso que ven da man de sectores descontentos coa liberdade de expresión.

Quizais estemos acostumbrados a criticar ao xornalista, a mantar ao mensaxeiro, e polo tanto a desprestixiar a esta profesión; pero algunha vez nos preguntamos que sería desta democracia sin os xornais, as radios, as televisións, … pois detrás hai profesionais que traballan para contarnos o que pasa, para informarnos, e sen eles todo sería distinto. Tendemos a criminalizar ao pobre xornalista que escribe unha nova que non nos gusta, sen darnos conta de que por encima desta persoa (que seguramente estará moi mal pagada) están outros que marcan unha liña editorial e que cobran 15 ou 20 veces máis (como mínimo) que o pobre xornalista que paga as nosas iras.

A profesión de xornalista está en perigo e entre todos a temos que defender porque é necesaria e boa para a sociedade, para a democracia e para a liberdade.

E sinceiramente, a pesar de todo creo que me equivoquei ao non marcharme a Madrid.

  1. Delfín
    | Responder

    Home, non vou a ser eu quen diga si te equivocache ou non, pero que levas razón en moito do que dís, si.
    E xa o escribeu A.Machado:…»caminante no hay camino, se hace camino al andar, al andar se hace camino, y al volver la vista atrás, se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar, … Caminante no hay camino sino estelas en la mar» máis ou menos é o que lembro de cando estudaba literatura en COU, pero sempre pa’diante que nos veñen empuxando os nosos pequenos

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.