Carme Chacón

Publicado Persoal, PSOE 3

Desde que perdera o Congreso Federal do PSOE contra Rubalcaba, Carme Chacón estivo apartada de toda actividade mediática. A través da web El tuiter del Congreso, que xestiona a xornalista Marta Nebot, accedin a unha breve entrevista de Carme que comparto con vós.

Quédome coa frase de que «la política está en un momento de desafección con la ciudadanía que tenemos que recomponer». Eu non sei cal sería a situación no PSOE agora mesmo se Carme Chacón ganase o 38 Congreso, pero si teño claro que o Partido Socialista necesita unha revolución e un cambio, necesita unha dirección máis pegada á cidadanía e que sepa escoitar.

Os tempos cambian a unha velocidade de vértigo e se non somos capaces de cambiar con eles podemos quedar anclados en terra de ninguén, mirándonos o embigo, vivindo do pasado e autoconvencéndonos do bos e marabillosos que somos.

3 Responses

  1. godial
    | Responder

    Os tempos de Carme serán chegados. E con eles o do socialismo ao servizo da xente. @MañáCarme!

    • Blas García
      | Responder

      Jajajaja. Sabes que sempre está gardado ese perfil para o que faga falta

  2. Freiman
    | Responder

    * Carmen Chacón é unha extensión de Zapatero, a quen apoio dende a corrente «NovaVía», forma parte do PSC, que Gobernou Catalunya con Tripartito de nefastas consecuencias. Os tempos de Carme Chacón pasaron. Auga pasada non move muiño.

Responder a Blas García Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.