O retorno

Publicado Persoal 3

Outra vez por aquí. Teño a intención de recuperar aquela boa costume de compartir con vós os meus pensamentos, reflexións, aventuras, … ; en definitiva, todo o que se me ocurra e considere interesante.

Teño que recoñecervos que pasei moi bos momentos co meu blog, e que me ten dado máis alegrías que decepcións; aínda que tamén en ocasións algún disgusto me dou, pero por ser tan sinceiro e botado para diante e ter escrito algunha cousa «políticamente incorrecta». Hai moito censor disfrazado.

A chegada de Facebook e sobretodo a de Twitter fóronme apartando do blog, unido tamén á miña vagancia crónica.

Agora volvo a retomar a actividade blogueira porque teño moitas cousas que contar, moitas opinións que dar e porque quero defender a liberdade de expresión, a miña liberdade. Como militante socialista creo que é fundamental que poidamos opinar e falar con claridade e libremente. Porque se nos quitan a liberdade de que nos vale a militancia e a participación política.

Así que xa sabedes, vémonos por aquí cando queirades

3 Responses

  1. Benito
    | Responder

    O socialismo ha quedado devaluado por la actuación de los últimos tiempos, no se puede predicar sin dar la hostia, la politica no puede ser oportunismo, si no la continuación de las ideas que flujen de los ciudadanos, Zapatero dejo tocado al PSOE por no hacer lo que dictaba el pueblo, ha beneficiado a los de siempre, ahora toca volver a la lógica de siempre hablar con el pueblo y hacer valer sus reveindicaciones, el socialismo es republicanismo, e igualdad, el PSOE, hizo partitocracia de burócratas inútiles que nunca resuelven nada, solamente su situación. Así no puede entenderse el socialismo, y las urnas lo expresarón. Toca revertir el proceso pero con gente comprometida y no corrumpida.

    • Blas García
      | Responder

      Grazas por participar e comentar Benito. A verdade é que pouco máis podo dicir, porque coincido bastante co que dis.

      Eu creo nun socialismo que defenda e protexa aos máis débiles e aos que menos teñen, creo na igualdade e nos dereitos sociais. E creo que a través do socialismo podemos saír desta crise, os recortes e a austeridade estase demostrando que beneficia sempre aos mesmos: aos que máis teñen.

      Pero eso é para unha discusión máis longa. O dito, grazas por participar, e podes vir de visita cando queiras.

  2. Alegrome do retorno:
    Apertas

Responder a Benito Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.